A asociación comarcal Amicos, centrada en derrubar dende os nosos concellos todo tipo de obstáculos á inclusión dos colectivos con diversidades funcionais e cognitivas, organizou estes días unha exposición de arte reciclada no Auditorio de Rianxo. Inaugurouse este 27...
O día 18 inaugúrase no Museo do Gravado a exposición sobre o XII Premio Atlante
A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital vai inaugurar o vindeiro 18 de setembro a exposición XII Premio Atlante de Gravado. A cita será a partir das 13.00 horas na sala 0 do museo, e contarase coa presenza do presidente da fundación e alcalde de...
As Festas do Carme de Porto do Son farán ferver a comarca entre o 7 e o 11 de setembro
Proseguen este mes de setembro as grandes celebracións da nosa comarca, que, este ano comparten un esforzo común por facer perdurar a esencia festiva das grandes citas do calendario ao tempo que se reducen aforamentos e se aposta por un meirande distanciamento. Nesta...
Entregado o premio Senda dos Faros á curta Sálvora do IES A Cachada
No marco da programación do Festival de Cans proxectáronse as pezas gañadoras do Concurso de Curtas Senda dos Faros, convocado pola Consellería de Cultura e Educación (Secretaría Xeral de Política Lingüística). O secretario xeral Valentín García entregou o primeiro...
Música, danza, maxia e solidariedade ateigan a axenda cultural de Boiro para este setembro
A Concellería de Cultura de Boiro deu a coñecer este primeiro de setembro a programación cultural para este punto de inflexión entre a recta final do verán e o comezo do outono, unha axenda “concibida para todos os públicos e en diversidade de espazos”. Foi presentada...
Notábel presenza de edificacións dos nosos concellos nos Premios COAG de Arquitectura
O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra a súa XIX edición dos Premios COAG de Arquitectura coa participación de 197 propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre 1 de agosto do 2018 e o 30 de setembro do 2020. Unha...
O Concello de Lousame organiza dous obradoiros gratuítos de robótica e imprenta dirixidos a menores de 12 anos
O Concello de Lousame organiza dous obradoiros gratuítos de robótica e imprenta dirixidos a nenos e nenas menores de 12 anos. Ambas iniciativas contan coa colaboración do programa Ler Conta Moito e desenvolveranse na Casa da Cultura de Lousame os venres 3 e 10 de...
A USC e o Concello de Lousame achegan media ducia de xornadas formativas de balde para maiores de 50 anos
O Concello de Lousame e a Universidade de Santiago de Compostela van poñer en marcha unha nova edición do ciclo formativo e divulgativo Camiños de coñecemento e experiencia, proxecto de democratización do coñecemento, un programa gratuíto de formación universitaria...
A Biblioteca do CEIP de Portosín incorpórase ao plan de mellora da Xunta
Este 31 de agosto puidemos coñecer os detalles do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) da Xunta de Galicia, que foi debullado polo conselleiro de Cultura e Educación Román Rodriguez, durante o transcurso dunha visita institucional ao CEIP Flavia de...
Cultura de Ribeira achega unha de concertos, cinema, monicreques e obradoiros
O Concello de Ribeira achega esta fin de semana unha decena de actividades lúdicas e culturais para enfiar a recta final do verán e saudar a chegada de setembro. Celebranse en diferentes parroquias do municipio, e haberá sesións de autocine, monicreques, concertos,...
Manuel Mariño del Río afonda nun novo libro nas orixes históricas de Baroña
A Comunidade de Montes de Baroña acolleu a presentación da nova obra do escritor local Manuel Mariño del Río, un dos grandes investigadores históricos da nosa comarca e un máis que sobranceiro coñecedor (e compartidor) do pasado e o presente do seu concello, Porto do...
Fisterra será esta fin de semana a capital galega do coñecemento científico-artístico
Co inicio de setembro, Fisterra vaise converter nunha vila de coñecemento, onde compartir algúns dos principais achados que nos depara a investigación actual en ciencia, literatura, arquitectura e arte en xeral. O motivo? A celebración do evento Des-enfocar Fisterra,...
A mostra Asinamos ser libres recalará en Boiro logo da súa estadía en Outes (até este 2 de setembro)
Encadrada nos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas 2021, adicado á poeta Xela Arias, a mostra Asinamos ser libres vai recalar en Boiro, na Casa da Cultura, o día 8 de novembro, tendo as súas portas abertas até o 28 do mesmo mes. Trátase dunha exposición...
Barbanza Arousa convida a descubrir o seu rico patrimonio a través de visitas guiadas en tres idiomas
A Mancomunidade Barbanza Arousa programa, para o mes de setembro, visitas guiadas para poñer en valor o destino turístico. Farao a través dunha axenda que inclúe o coñecemento directo (in situ) de monumentos e tesouros da nosa comarca como O Castelo da Lúa (Rianxo) o...
Kaydy Cain, prato forte da nova edición do Rompetiño Jump en Porto do Son
Quen queira cultura urbana e tomarlle o pulso ás máis punteiras creativas creativas e deportivas da nosa mocidade, mellor que non ande moi lonxe de Porto do Son a vindeira fin de semana. De feito, a vila acolle a celebración dun dos eventos xuvenís máis destacados da...
O divulgador Lois Oreiro avogou na Pobra por un uso máis crítico e enriquecedor das novas tecnoloxías
O auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acolleu na tarde deste venres 27 a presentación do libro Os mundos de agora, do xornalista Lois Oreiro. Trátase dun ensaio no que se reflexiona sobre a pegada tecnolóxica, o tratamento dos nosos datos e como...
A comunidade de Amicos mostra en Rianxo como facer obras de arte con material de reciclaxe
A asociación Amicos, centrada en derrubar obstáculos de inclusión dende a nosa comarca e en favorecer a integración das persoas con diversidades funcionais e cognitivas, inaugurou este 27 de agosto no Auditorio de Rianxo unha exposición de arte feita con materiais de...
Pista Catro leva a Rianxo os insectos xigantes do doutor Mezzo
O vindeiro 5 de setembro vai estar en Rianxo, no exterior do CEIP Castelao e para animar o serán de pequenos e maiores, o fabuloso circo de insectos xigantes do doutor Mezzo, a cargo da agrupación Pista Catro. Será ás 19.30 horas, organizado pola área de Cultura do...
Cé Orquestra Pantasma e Moc-Moc Saltimbanqui chegan ao Cantón da Leña (A Pobra)
Ao abeiro do programa Verán Cultural, vanse desenvolver estes días na Pobra dúas novas funcións de balde destinadas a público familiar. Por unha banda, no 31 de agosto, Cé Orquestra Pantasma aposta pola recuperación da figura do home orquestra cun espectáculo de...
Este venres presentase na Pobra Os mundos de agora do xornalista e divulgador Lois Oreiro
O divulgador científico-tecnolóxico e xornalista Lois Oreiro estará na Pobra do Caramiñal este 27 de agosto para presentar o seu libro Os mundos de agora. A cita será ás 20.30 horas no auditorio do Museo Valle-Inclán. Organiza o Concello coa colaboración da Asociación...
Este domingo estréase o documental Maraxe, que conta os 40 anos do Club de Remo de Cabo
O Concello de Boiro organiza este domingo 29 de agosto a estrea do documental Maraxe, unha produción de Pablo Chouza que conta os 40 anos de historia do Club de Remo de Cabo de Cruz. Na presentación do documental estiveron o alcalde, José Ramón Romero, a concelleira...
A Unión de Lantaño e Iseo A Moura, protagonistas da nova edición da Feira Eco-lóxica de Boiro
A Feira Eco-lóxica de produtos nosos e medioambientalmente responsábeis que se celebra este sábado 28 de agosto en Boiro, na praza da Terceira Idade, vai acoller, como de costume, un importante compoñente cultural. Esta vertente comezará ás 11.00 horas, co concerto da...
Los Secretos tocarán os seus lexendarios temas este 28 de agosto en Boiro
Este sábado 28 de agosto actúa en Boiro a histórica banda Los Secretos, unha das grandes agrupacións da década dos oitenta e o dos noventa, comandados polos irmáns Urquijo (hoxe en día, finado Enrique no ano 1999, comandados só por Álvaro, que conseguiu a milagre de...
A Banda da Escola de Música de Rianxo e Sabela King enchen Rianxo de música na recta final do verán
A Área de Cultura do Concello de Rianxo compartiu as súas actividades para este remate de agosto e os inicios de setembro, abeiradas ao programa Verán Cultural. Será basicamente un menú musical, aínda que tocando diferentes paus. O domingo 29 será a quenda da Banda da...
O artista Doctor Toy homenaxea á vila de Noia na prolongación do mural do IES Virxe do Mar
Este mes de agosto déuselle continuidade ao mural do IES Virxe do Mar (Noia), do que informamos a comezos de xullo, poñendo o foco no éxito que estaba a ter a proposta como iniciativa de posta en valor do inmóbel, a nivel particular, e de fórmula creativa contra o...
Os Heredeiros da Crus chegan este venres a Cabo de Cruz ao abeiro de Paisaxes Sonoras
Ao abeiro do ciclo Paisaxes Sonoras, impulsado pola Mancomunidade Barbanza Arousa para pór en valor o potencial dos nosos enclaves máis senselleiros (eses que deberan aparecer en toda guía turística que se prece) como escenarios culturais de primeira liña, vaise...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“As que nunca pararon: homenaxe ás mulleres que manteñen vivo o rural galego”. José Luis Calo
O 15 de outubro celébrase o Día Internacional das Mulleres Rurais, unha data pararecoñecer o esforzo, a forza e a dignidade de tantas mulleres que, sen saír nos titulares,levan toda a vida sostendo o rural galegoPero para moitas delas, esta non é unha xornada...
“La política fuera de control ético”. José Castro López
Los reiterados informes de la UCO dejan un panorama tan grave como desolador. Elúltimo sugiere una doble contabilidad en el partido gobernante, recoge diálogos de“comercio carnal”, de chistorras, soles o lechugas, según el importe de los billetes, yotras desvergüenzas...
“Adegas Terra de Asorei”. Xosé González Martínez
Hai cen anos que se celebrou en Lugo o Primeiro Congreso de Economia Galega. Dousdías de traballo intenso de persoalidades relevantes en cadansúas áreas decoñecementos. O remol das achegas feitas naquel cónclave que abordou a planificacióneconómica, a ordenación do...
“O Cara ao Sol dun franquismo trasnoitado” – Antón Luaces
O 20 de novembro van cumprirse 50 anos da morte na cama e (segundo din) a carón do brazo incorrupto de Santa Teresa de Xesús, de Francisco Franco, xefe do Estado español pola graza da Igrexa, o Exército e a oligarquía (que non do pobo español, porque durante o...
“Unha moción innecesaria” – Fernando Sarasketa
Se alguén collera a unha persoa apolítica e aconfesional, totalmente desinformada do que acontece estas semanas no concello de Ribeira, unha persoa libre de pensamento e obxectiva, e lle puxera diante dos ollos as imaxes do pleno deste luns 13 de outubro, no que...

























