A Biblioteca do CEIP de Portosín incorpórase ao plan de mellora da Xunta

31 Agosto 2021

Este 31 de agosto puidemos coñecer os detalles do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) da Xunta de Galicia, que foi debullado polo conselleiro de Cultura e Educación Román Rodriguez, durante o transcurso dunha visita institucional ao CEIP Flavia de Padrón. Segundo fixo saber, vanse incorporar ao plan neste novo curso un total de 27 centros públicos, integrándose nunha rede composta arestora por 765 centros, dos que 729 son públicos e 36 privados concertados. No caso do dito CEIP de Padrón, farase unha rehabilitación por importe de case 1M€.

Tal e como explicou o conselleiro, “o programa de referencia do Plan Lía de Bibliotecas Escolares do Goberno galego incrementa ademais este ano o seu orzamento nun 12,5%, ata chegar aos 1.565.000€, 175.000€ máis ca no curso anterior”, confirmando a aposta do Goberno galego polas bibliotecas como “o corazón dos centros”.

Na listaxe de novas incorporacións inclúese o CEIP de Portosín, en Porto do Son,

As asignacións estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento. No caso dos centros de continuidade, poderán destinar as asignacións a fondos, a mobiliario e outros equipamentos ou a gastos de funcionamento específicos da biblioteca, en función do ano no que se integraran no plan.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.