Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

29 Setembro 2026

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que se vai levar a cabo permitirá, entre outras cousas, renovar todo o firme do entorno, mellorar as zonas de estacionamento e mellorar a sinalización do hórreo, que pasa por ser o maior de Galicia e, polo tanto, do mundo (seguido do de Carnota).

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo Abuín, asinaron o pasado 30 de xuño un convenio de colaboración para acometer a mellora da contorna e dos accesos ao Hórreo do Araño, considerado un recurso turístico de gran valor etnográfico e patrimonial ao tratarse do máis longo e de maior capacidade de Galicia.

Merelles engadiu daquela que “a actuación ten como obxectivo facilitar o acceso a este elemento patrimonial singular, mellorar a experiencia das persoas visitantes e contribuír á súa posta en valor, ao tempo que se reforza a conservación da contorna e a mobilidade sostíbel”. Ademais de mellorar a accesibilidade a este recurso turístico, tamén contribuirá a distribuír os fluxos turísticos de maneira máis equilibrada ao tempo que fomenta un turismo responsábel e sostíbel, “outro dos obxectivos da Estratexia de Turismo de Galicia 2030”, sinalou Xosé Merelles.

Durante a sinatura, o director de Turismo de Galicia destacou que “o Hórreo do Araño é un dos grandes símbolos do patrimonio etnográfico galego e esta actuación permitirá mellorar a súa accesibilidade, a súa interpretación e a experiencia das persoas que o visitan, sempre desde o respecto á súa contorna e aos seus valores patrimoniais”.

Medidas concretas

As actuacións previstas permitirán resolver as actuais deficiencias da zona, especialmente os problemas derivados da drenaxe e do estado do firme, que dificultan o acceso e limitan o tránsito de vehículos de maior tamaño. Ademais, repararase e renovarase o firme do aparcamento e da vía pública, e crearase unha área de estacionamento adaptada ao movemento de vehículos, construiranse novos sendeiros e unha pasarela de madeira que funcionará como miradoiro sobre o val que une a parroquia do Araño coa ría de Arousa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.