Sole Felloza leva a Boiro o espectáculo Outras bolboretas, este venres ás 20h

24 Novembro 2026

O venres 27 de novembro temos en Boiro un espectáculo de teatro familiar. Trátase de Outras bolboretas, de Sole Felloza, unha cita para público infantil e familiar. Será ás 20.00 horas no Centro Social Abanqueiro.

Outras Bolboretas. Contos pola igualdade e contra as violencias machistas é un espectáculo que mestura monólogo, narración oral, humor e poesía.

Na voz da contadora e escritora Sole Felloza, as historias de nenas e mulleres que se atreven a voar convértense en contos de liberdade: princesas que se coroan soas, mantas voadoras, leóns non tan feroces e recordos gardados nun baúl.

Bolboretas fala da forza de quen soña, da memoria das mulleres e dun mundo posíbel, sen violencia e con igualdade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...