“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

29 Setembro 2026

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que “tódolos españois teñen dereito” a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que “os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para impedir a especulación”.

Que este mandado constitucional non se cumpre é tan evidente que, a realidade non se aproxima tan sequera un mínimo ao disposto na Lei de Leis que ven ser a Constitución; para elo foi necesario que, unha outra vez, centos, milleiros de cidadáns con dereito a seren recoñecidos como españois carentes dese recoñecemento implícito a dispoñer dun teito que se lle negou, sen máis, a Maricarme, inquilina dende vai setenta anos dunha vivenda alugada por seus pais no madrileño barrio do Retiro, se botaran á rúa para reclamar a efectividade dese artigo constituciional.

É tan pouco eficaz este, que nen sequera foi óbice para que a Xustiza negara a posibilidade de que Maricarme, cos seus 87 anos ás costas, se vira na obriga de abandonar a súa casa para que a Policía poidera dar cumprimento á orde de lanzamento emanada dun xulgado madrileño que para nada tivo en conta o recollido na Constitución Española no antedito artigo da Constitución Española. Que dereito ten o xuiz a non respectar o no seu día aprobado polas Cortes?. Acaso ten autoridade un xuíz para pasar por riba do que acordou o Parlamento?. Pode a Policía -por máis que dispoña dunha orde xudicial que acredite a súa actuación- ignorar a existencia dun artigo que a Constitución consagra coma un dereito inalienábel?. 

Onde queda, logo, a autoridade constitucional?.

Outros artigos

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.