Pablo Novoa presenta este venres en Noia o seu libro “Kuayu. Tras las huellas del pasado”

29 Setembro 2026

O investigador galego Pablo Novoa estará en Noia esta semana (o venres 2 de outubro) para presentar o seu novo libro, Kuayu. Tras las huellas del pasado.

Será o venres ás 20:00 h no Edificio do Casino de Noia.

Ao longo da súa traxectoria, Pablo percorreu máis de 50 países de catro continentes na procura de vestixios e evidencias que permitan coñecer mellor o pasado da humanidade.

A presentación estará acompañada da conferencia Viaxes anecdóticas e arqueolóxicas por catro continentes, na que compartirá experiencias e investigacións arredor de petróglifos, pinturas rupestres, estruturas megalíticas, monólitos e outros achados coñecidos durante décadas de viaxes e traballo de campo.

Pablo Novoa é un destacado arqueólogo, investigador e escritor galego nado en Lugo, amplamente recoñecido pola súa dedicación ao estudo da chamada “arqueoloxía imposíbel”, a arte rupestre e os petróglifos tanto en Galicia como a nivel internacional.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.