Este domingo estréase o documental Maraxe, que conta os 40 anos do Club de Remo de Cabo

26 Agosto 2021

O Concello de Boiro organiza este domingo 29 de agosto a estrea do documental Maraxe, unha produción de Pablo Chouza que conta os 40 anos de historia do Club de Remo de Cabo de Cruz. Na presentación do documental estiveron o alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Cultura, María Outeiral, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.


Maraxe é un documental en galego do produtor Pablo Chouza no que interveñen veciños e veciñas persoas vencelladas ao Club de Remo de Cabo de Cruz. Na produción móstranse os 40 anos da historia do club, dende que se fundou ata a actualidade.
A estrea do documental vaise realizar este domingo 29 de agosto ás 21.30 horas en Cabo de Cruz, a carón da Lonxa, cunha proxección da produción. A capacidade para a proxección do documental é limitada e a reserva previa de entradas estará dispoñíbel dende este xoves na web municipal do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.