Este domingo 27 parte da praza do Concello de Boiro (ás 10h) a VI Andaina Solidaria de JEALSA

26 Setembro 2026

Este domingo 27 de setembro vaise celebrar en Boirro a sexta edición da Andaina Solidaria de JEALSA, unha camiñada impulsada pola conserveira local que arrinca ás 10.00 horas dende a praza do Concello e cuxos fondos recadados irán dar á causa solidaria da Fundación Stop Leucemia.

As persoas que queiran inscribirse poden facelo a través do código QR do cartaz.

Será un percorrido pet friendly (no que tamén poderán participar animais).

Na súa anterior edición (a quinta), a Andaina Solidaria JEALSA conseguiu xuntar máis de 6.000 euros en beneficio da organización Stop Leucemia.

Participaron preto dun milleiro de persoas e, en concreto, lográronse recadar 6.153 euros. A directora de Relacións Institucionais de JEALSA agradeceu aos colaboradores e todos os participantes: “Logramos superar a recadación dos últimos anos que vai destinada a unha fundación galega que traballa dende Santiago na investigación da leucemia”.

A Fundación Stop Leucemia traballa na loita contra o cancro hematolóxico a través da investigación. O diñeiro recadado neste tipo de actividades solidarias e deportivas serve para que se siga mantendo a investigación.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.