
Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos ao golpe de estado fascista e á ditadura. A decisión foi publicada onte no Boletín Oficial do Estado, cadrando con 51 aniversario do pasamento do xeneral Francisco Franco e na aplicación da Lei da Memoria Democrática que avala a retirada das medallas a quen formase parte do “aparato da represión da ditadura” ou atentase “contra os dereitos humanos”.
Deste xeito cúmprese o establecido na devandita Lei, que establece que as condecoracións e recompensas concedidas con anterioridade á entrada en vigor desta lei, poderá revisarse cando quede acreditado que con anterioridade á vixencia desta, poderá revisarse cando quede acreditado que o beneficiario, antes ou despois da concesión, con motivo de ter formado parte do aparato de represión da ditadura franquista, tivese realizado actos ou observado condutas “manifestamente incompatibles cos valores democráticos e os principios retores de protección dos dereitos humanos, así como cos requisitos para a súa concesión”.
Pedro Barrié de la Maza, como é sabido, amáis de dono do xa desaparecido Banco Pastor, foi o máximo dirixente da extinta Unión Fenosa e de Astano, e un dos principais financeiros do bando fascista na guerra civil española.
Esta orde de retirada de Medallas ao Mérito no Traballo afecta tamén a Pilar Primo de Rivera, fundadora e líder da Sección Feminina, e á Organización Sindical do Movemento (o sindicato vertical do franquismo).
Teóricamente esta decisión ministerial pode ser a derradeira da avogada ferrolana Yolanda Díaz, ministra de Traballo e vicepresidenta segunda do Goberno con Pedro Sánchez como presidente do mesmo.
Yolanda Díaz anunciou recentemente que abandona a política.



