“A esquerdiña covarde, un PP que fixo de apisonadora e unha moderadora perdida” – Antón Luaces

20 Novembro 2026

Alberto Núñez Feijoo, candidato do PP á presidencia do Goberno español é moi probablemente a “deretiña” que quixo ser e non foi quen de romper o valo que ergueu na Academia da Tv. o actual inquilino do palacio da Moncloa, Pedro Sánchez.

María Casado, presidenta da Academia que organizou o debate a dous transmitido en directo por distintas cadeas de radio e televisión na noite do xoves pasado, foi un árbitro que non sei se non quixo pero sí que non moderou nin unha miguiña ese “encontro” a dous convertido nunha sopa de fideos enliados por un “cociñeiro” que saiu convencido de que gañara por metros e metros. O seu, o de María Casado,  foi o papel dun reloxio (marcando o tempo) pero sen saber ou sen querer intervir como moderadora en circunstancias que obrigaban, de certo, a chamar a atención ao candidato Feijoo que, no seu afán de convencer, asoballaba sen xeito ao seu contrincante. Aquilo non foi un debate. E, tendo en conta que previamente a este, se repartiran os tempos de intervención de cada contendente, Alberto Núñez Feijoo levou a maior parte del coa aquiescencia de María Casado.

Para min non houbo un gañador. Houbo, sí, un candidato -Pedro Sánchez- que sorprendeu a propios e estranos cun par de peticións de perdón e outro par de propostas de colaboración, e que gardou un silencio incomprensible para moitos mesmo en materias que domina optando por achantarse diante de quen, evidentemente, xogaba a priori un papel á contra sabedor de que os seus argumentos non serían creíbles máis alò do que o poden ser os bulos.

Os entendidos na materia falan de que os silencios e renuncias ao debate de Pedro Sánchez foron produto dunha estratexia para acarrexar á súa mochila electoral os votos dos indecisos e os dos electores máis “centrados”, dando por descontado que xa ten na súa conta aos da esquerda. 

Pode ser. Mais o socialismo “de a pé” está desconcertado. Pedro Sánchez  vai ter que laborar arreo no seu manual de resistencia para recuperar unha ilusión que, seguramente, non está perdida pero sí tocada.

E María Casado, a facer un curso de meditación sobre como moderar debates políticos. Por moi presidenta que sexa da Academia de Televisión.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.