O Nobel de Química Thomas Robert Cech visita o Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago

20 Novembro 2026

O científico estadounidense, galardoado en 1989 polas súas investigacións sobre o ácido ribonucleico, puido contemplar xoias documentais como o Códice Calixtino e o Tumbo A.

O recoñecido químico e bioquímico estadounidense Thomas Robert Cech, Premio Nobel de Química en 1989, realizou este venres, 20 de novembro, unha visita institucional ao Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela.

Durante o percorrido, o investigador estivo guiado polo cóengo arquiveiro, Francisco Buide, quen lle ofreceu detalladas explicacións sobre a historia e os fondos que custodia a basílica compostelá. Ao encontro sumouse tamén José Manuel Andrade Garda, catedrático de Química Analítica da Universidade da Coruña (UDC), quen participou en representación do comité organizador do XXX Encontro Galego-Portugués de Química, cita científica que se celebra este ano na cidade de Pontevedra.

Como xa fixeron outras destacadas personalidades do ámbito internacional, o que fose profesor da Universidade de Colorado tivo a oportunidade de contemplar de primeira man algunhas das pezas bibliográficas e documentais máis valiosas do templo, entre as que sobresaen o Códice Calixtino e o Tumbo A.

Ao remate da visita, Cech deixou constancia do seu paso pola institución asinando no libro de honra do Arquivo-Biblioteca. O científico estadounidense acadou o Premio Nobel de Química hai case catro décadas polos seus achados sobre os procesos químicos e as propiedades catalizadoras do ácido ribonucleico (ARN).

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.