O autobús matinal entre Santiago e Ribeira cambia de horario e percorrido a partir deste luns

20 Novembro 2026

O autobús de primeira hora entre Santiago e Ribeira adianta a súa saída ás 08:00 desde este luns para mellorar a conexión con Padrón

A expedición circulará por estrada convencional ata Rianxo, recuperando paradas como O Milladoiro e chegando á estación padronesa ás 08:40 horas.

A Xunta de Galicia modificará a partir deste vindeiro luns, 23 de novembro, o horario e o percorrido do autobús de primeira hora da mañá que conecta Santiago de Compostela con Ribeira. O obxectivo desta medida é facilitar a chegada a Padrón tanto de estudantes como de persoas traballadoras.

Segundo informou o Executivo galego mediante un comunicado, durante a tempada lectiva a liña adiantará 15 minutos a súa saída desde a estación intermodal compostelá, pasando das 08:15 ás 08:00 horas.

Tras realizar a súa parada habitual no Hospital Clínico, o autocar pasará a circular por estrada convencional ata a ponte de Té, no concello de Rianxo. Este novo itinerario permitirá recuperar paradas intermedias —como é o caso do Milladoiro— e garantir a chegada á estación de autobuses de Padrón ás 08:40 horas.

Unha vez efectuada a parada en Padrón, o servizo continuará o seu traxecto ata a ponte de Té para retomar desde alí o seu percorrido habitual a través de Boiro e A Pobra do Caramiñal ata chegar ao destino final en Ribeira. Ademais de atender a demanda de mobilidade cara a Padrón, este axuste facilitará o regreso cara á comarca do Barbanza do persoal sanitario e traballador que remata a súa quenda de noite no Hospital Clínico de Santiago.

As persoas usuarias poderán consultar a relación completa de paradas e os novos horarios detallados a través das páxinas web bus.gal e MoBT.gal, así como nas aplicacións móbiles Transporte Público de Galicia e MoBT.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.