Manuel Mariño del Río afonda nun novo libro nas orixes históricas de Baroña

31 Agosto 2021

A Comunidade de Montes de Baroña acolleu a presentación da nova obra do escritor local Manuel Mariño del Río, un dos grandes investigadores históricos da nosa comarca e un máis que sobranceiro coñecedor (e compartidor) do pasado e o presente do seu concello, Porto do Son. No seu novo libro, A parroquia de San Pedro de Baroña, pon o foco nas orixes desta parroquia, remontándose ás súas orixes (en 1655) até a actualidade.

Á presentación acudiron o presidente da dita mancomunidade, Ovidio Queiruga; o párroco local José Antonio Vila; a representante da editora Andavira, Lucila Ventoso; a escritora sonense Patricia Torrado e o propio Manuel Mariño del Río.

A obra amosa dous grandes bloques, nun deles abórdase o pasado de Baroña a través de acontecementos achados en documentos históricos, e noutro o escritor e historiador pon o punto de mira nos rexistros parroquiais, acubillados nuns 40 libros gardados na igrexa parroquial. O prologo foi achegado polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.