“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

20 Setembro 2026

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daqueles
cuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da
“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na construción, plantando pinos e
arranxando estradas, acordou volver a Ceuta, para atender a cantina daquela muller moura que lles
daba de beber aos soldados galegos e que lles permitía cambiarse de roupa nun cuarto escuro, por
detrás mesmo do mostrador, entrando, á dereita.
A dona da cantina, a “patroa”, acolleuno con moito gozo, deixoulle as chaves, a neveira, as mesas e
as cadeiras para que puidesen seguir sentándose os soldados que chegaban, con cara de sufrimento,
en cada unha das quendas. El vía a aquela terra como africana, como un anaco doutro continente,
pero por ela daba a vida, pola terra e pola xente, moura ou branca. Xa nos anos sesenta do século
pasado, cando se constrúe a Biblioteca de Ceuta, un grupo de profesores mozos achéganse á cidade
para traballar no ensino e para organizar o futuro.
A taberna de Marcial era o lugar de referencia para aquela xente nova, intelectuais que facían o seu
traballo e permanecían felices, ata que aprobaban as oposicións e obrigatoriamente marchaban,
deixando unha herdanza rica, con valores extraordinarios e reforzados por algúns dos soldados aos
que lles tocaba facer alá o seu correspondente período militar.
Quen organizará agora o futuro desta cidade? Despois de tanta desfeita, de tanto despropósito, de
tanto engano e de tanta reviravolta, ninguén sabe que aconteceu en Ceuta neste verán. E, aínda
máis, ninguén é capaz de dicir nada sobre esa inxente cantidade de humanos mortos, deses mortos
que mataron. Cantos foron?
Se Marcial da Devesa estivera vivo, coa axuda da súa dona e dos clientes da taberna, contaríaos a
todos e todos terían un enterro digno, probablemente civil, e cos seus nomes gravados nunha
lápida monumental, disposta para ser lida dun lado e do outro da fronteira. Unha lápida para
interpretar hoxe e para a memoria.
Cómpre recordarlles aos que mandan, en Marrocos e en España, que falen e que se comprometan a
respectar os dereitos humanos, que -como di a Tía Manuela- “son os dereitos de todos, dos negros e
dos brancos, dos que andan no mar e dos que están na terra”.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.