A Unión de Lantaño e Iseo A Moura, protagonistas da nova edición da Feira Eco-lóxica de Boiro

25 Agosto 2021

A Feira Eco-lóxica de produtos nosos e medioambientalmente responsábeis que se celebra este sábado 28 de agosto en Boiro, na praza da Terceira Idade, vai acoller, como de costume, un importante compoñente cultural. Esta vertente comezará ás 11.00 horas, co concerto da Banda de Música Unión de Lantaño, unha actuación que forma parte do ciclo O País das Bandas. A entrada será por orde de chegada.

Un algo máis tarde, ás 12.00 horas, será a quenda de Iseo A Moura, que achegará o espectáculo de contos, narracións e mensaxes ecolóxicas Se as árbores falaran. Trátase dunha actividade para público infantil e familiar. A capacidade será limitada e para reservar entrada cómpre visitar a web do Concello de Boiro. O espectáculo Se as árbores falaran comeza cun lume que arrasa todo o verde do monte, un bosque no que vive (e sobrevive) unha nena de nome Flora, de nove anos, que se lanza a descubrir os porqués de que a fraga conseguira sobrevivir ao lume e o resto do monte.

Outros artigos

Ribeira homenaxea este martes á actriz Susana Sampedro

Este martes 25 de xuño o Concello, a Corporación e a cidadanía de Ribeira van render homenaxe á actriz local Susana Sampedro (Ribeira, 1978), recentemente distinguida co Premio Mestre Mateo 2024 á mellor actriz de reparto na longametraxe Matria, de Álvaro Gago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....