O Concello de Boiro retoma o baile para persoas maiores no Centro Social de Escarabote

30 Setembro 2026

O Concello de Boiro retoma o baile para persoas maiores dos domingos no Centro Social de Escarabote. A concelleira de Cultura, María Outeiral, deu a coñecer as propostas musicais para os meses de novembro e decembro.

A actividade dará comezo este domingo 4 de outubro e repetirase, con distintas actuacións en directo, todos os domingos de outubro e novembro entre as 20.00 e as 23.00 horas no Centro Social de Escarabote.

“Trátase dunha demanda das nosas persoas maiores que buscaban propostas lúdicas para poder saír a bailar preto da casa nos meses de outono”, afirmou a concelleira

Programación

Domingo 4 de outubro | Blanca Doble

Domingo 11de outubro | Dúo Keima

Domingo 18 de outubro | Dúo Keima

Domingo 25 de outubro | Blanca Doble

Domingo 8 de novembro | Mar Davila

Domingo 15 de novembro | Blanca Doble

Domingo 22 de novembro | Emilio Padrón

Domingo 29 de novembro | Dúo Charada

Domingo 13 de decembro | Trío Dixital

Domingo 20 de decembro | Trío Dixital

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.