O teatro e o cinema son os protagonistas da axenda cultural do Concello de Boiro para este outono

30 Setembro 2026

O Concello de Boiro presentou a súa programación cultural para os meses de outono, unha proposta que aposta polo teatro e o cinema como eixos principais. A concelleira de Cultura, María Outeiral, debullou as distintas actividades que se van levar a cabo nos meses de outubro, novembro e decembro.

O Centro Social de Abanqueiro acollerá nos vindeiros meses representacións teatrais para público adulto e tamén familiar, comezando coa representación teatral Contos entre cordas de María da Pontragha este venres 2 de setembro ás 21.00 horas.

Os espectáculos serán os venres e sábados e as entradas poderanse conseguir na billeteira dende unha hora antes da función.

Outra das propostas culturais que volve no outono é o Ciclo de Cine Mestre Mateo. Todos os domingos de outubro e novembro ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro haberá cine, comezando este domingo día 4 coa proxección do documental Mary Quintero. 90 anos de creatividade. Todas as proxeccións serán de balde.

O outono cultural de Boiro inclúe tamén outras propostas como o concerto deste sábado día 3, unha actividade da Deputación da Coruña. Trátase dun espectáculo do músico mozambiqueño Cheny Wa Gune, un artista africano participante no Festival Maré, referente de músicas do mundo. Será ás 21.00 horas no Pazo de Goiáns.

“Logo dun verán de moita actividade cultural continuamos cun outono con propostas máis sosegadas pero pensadas para os distintos públicos”, recoñeceu a concelleira María Outeiral.

Axenda de actividades

Teatro – Centro Social de Abanqueiro

Venres 2 de outubro, 21.00h | Contos entre cordas Maria da Pontragha

Venres 9 de outubro, 21.00h | Melón pelado Butacazero

Venres 23 de outubro, 21.00h | De ida e volta Cris de Caldas e Amor Herrera

Venres 30 de outubro, 21.00h | Un Deus salvaxe Talía Teatro

Venres 6 de novembro, 20.00h | Coralinda Elefante Elegante

Venres 13 de novembro, 20.00h | ComedIA Píscore

Venres 20 de novembro, 20.00h | As peripecias de Xurxo Malasombra producións

Venres 27 de novembro, 20.00h | TIN Dani García

Venres 4 de decembro, 20.00h | Onde viven os monstros Carmen Domenech

Venres 11 de decembro, 20.00h | Chegar e encher Bea Campos

Cine – Centro Social de Boiro

Domingo 4 de outubro, 19.00h | Mary Quintero. 90 anos de creatividade

Domingo 11 de outubro, 19.00h | Antes de nós

Domingo 18 de outubro, 19.00h | 360 curvas

Domingo 25 de outubro, 19.00h | Sirat

Domingo 8 de novembro, 19.00h | Deuses de pedra

Domingo 15 de novembro, 19.00h | As liñas discontinuas

Domingo 22 de novembro, 19.00h | Ao son da nova regueifa

Domingo 29 de novembro, 19.00h | O silencio herdado

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.