Cultura de Ribeira achega unha de concertos, cinema, monicreques e obradoiros

O Concello de Ribeira achega esta fin de semana unha decena de actividades lúdicas e culturais para enfiar a recta final do verán e saudar a chegada de setembro. Celebranse en diferentes parroquias do municipio, e haberá sesións de autocine, monicreques, concertos, concertos, un obradoiro infantil e animación de rúa.

Así, da man da Concellería de Cultura de Ribeira están previstas as seguintes accións, todas gratuítas, entre o 3 e o 5 de setembro:

Venres 3 de setembro

·Autocine: Nocturna, unha aventura máxica

Campo da festa – Carreira, ás 22:15 h.

· Monicreques: Vacacións no mar

Exterior Centro Social Oleiros ás 20:30h.

· Concerto: The Teta’s Van

Paseo do Malecón ás 21:30 h.

-Sábado 4 de setembro

· Actuación de Os Liantes de Artes

Exterior recreativo de Artes 21.00h.

· Ribeira: actuacións culturais

Están previstas distintas actuacións e eventos culturais ao longo do sábado en colaboración coa produtora Charlatana segundo o seguinte cronograma:

– De 11 a 14 animación de rúa con Boroa.

– 20.00h animación de rúa co grupo Latexo.

– 21.30h. Concerto no Malecón (escenario): Blues do País e Sindicato Verbena.

-Domingo 5 de setembro

· Ribeira: actuacións culturais, no escenario do paseo da explanada do porto.

· 13.00h Concerto Punk Infantil. Pequena actuación musical para público infantil a cargo de Peter Punk no escenario montado dende o día anterior na explanada do porto.

· 18.00h Obradoiro infantil creación con Cé Orquestra no espazo acoutado do Paseo do Malecón.

Entradas esgotadas no faro de Corrubedo

A maiores cómpre lembrar que por iniciativa de Turismo de Galicia este venres no faro de Corrubedo terá lugar un dos Concertos na Fin do Mundo coas actuacións de Russinha, Laura Lamontagne & PicoAmperio e Anxo Lorenzo. O evento abrirase ás 20.30 horas e as entradas xa están esgotadas.