A USC e o Concello de Lousame achegan media ducia de xornadas formativas de balde para maiores de 50 anos

31 Agosto 2021

O Concello de Lousame e a Universidade de Santiago de Compostela van poñer en marcha unha nova edición do ciclo formativo e divulgativo Camiños de coñecemento e experiencia, proxecto de democratización do coñecemento, un programa gratuíto de formación universitaria dirixida a veciños e veciñas maiores de 50 anos.

Esta iniciativa, froito dun convenio asinado entre ambas institucións, forma parte do Programa Universitario de Maiores e inclúe tres seminarios teóricos, dous obradoiros prácticos e unha saída prevista para a recta final de setembro. A matrícula é de balde e pode formalizarse na Casa da Cultura ou chamando ao 981 82 57 80, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Programa

As actividades xirarán en torno a tres temáticas: o cinema como linguaxe, a documentación como soporte da historia e a simboloxía das cores.

Todas as actividades celebraranse na Casa da Cultura de Lousame, en horario de 16:30 a 18:00 horas.

O primeiro seminario será O cine como linguaxe, impartido o martes 21 de setembro por Álvaro Dosil Rosende, profesor do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da USC e investigador. Como complemento deste curso, o mércores 22 de setembro, impartirá unha sesión práctica sobre a mesma temática.

O segundo seminario, Escribir a nosa historia. Obxectos, soportes e instrumentos de escritura, será impartido o xoves 23 de setembro por Anxo Rodríguez, investigador da Facultade de Xeografía e Historia e profesor do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da USC, que impartirá un obradoiro práctico de análise de materiais arqueolóxicos e documentais o venres 24 de setembro.

Finalmente, o luns 27 de setembro está programado o seminario Simboloxía das cores, impartido por Nerea Varela Castro, colaboradora do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da USC. O martes 28 de setembro rematará o programa cun percorrido a pé polos arredores da Casa da Cultura para analizar o significado das cores.

Camiños de coñecemento e experiencia é un programa organizado pola Vicerreitoría de Titulacións da Universidade de Santiago de Compostela e polo Concello de Lousame, que contan coa colaboración da Consellería de Política Social, a Deputación Provincial da Coruña e o Banco Santander.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.