“Unha moción innecesaria” – Fernando Sarasketa

13 Outubro 2025

Se alguén collera a unha persoa apolítica e aconfesional, totalmente desinformada do que acontece estas semanas no concello de Ribeira, unha persoa libre de pensamento e obxectiva, e lle puxera diante dos ollos as imaxes do pleno deste luns 13 de outubro, no que prosperou finalmente a moción de censura do PP e do PBBI para desbancar o goberno do BNG e do PSOE (e até hai pouco tamén do PBBI), ese “alguén”, digo, estou seguro de que sentiría desconcerto, rexeitamento e finalmente desinterese pola desenvolvemento da sesión.

Preguntaríase: A que vén todo isto? Por que se chegou ata este punto? Era necesario? Por que ten que darse esta guerra entre representantes políticos que non beneficia en nada á cidadanía? Por que os políticos que instigan a división pensan que benefician á veciñanza? En que punto cren que a benefician?

Preguntaríase o porqué de que haxa persoas que se adiquen á política cando se cadra non é esa a súa vocación, que igual era mellor que se adicaran a outras cousas.

“O mundo está cheo de profesións con menos responsabilidade para persoas así”, pensaría.

Chegaría á conclusión de que está claro que na división definitiva do goberno de Ribeira houbo xente moi enfadada, moi indignada e moi alporizada e outra non, e que é curioso e significativo que iso pasase.

Que por que motivo para algúns (o BNG, o PSOE, a parte do PBBI que foi fiel á súa palabra) a cousa funcionaba, estaba ben, malia as diferencias e os problemas, en en cambio para outros nanai, nada de nada, imposíbel entenderse…

Esa persoa obxectiva e veraz pensará que se cadra o BNG, o PSOE e a parte do PBBI que non propiciou a moción deron exemplo de concordia e entendemento, de ver máis alá da súas diferencias e quedarse co que os viña unindo, que xa era moito.

E que, polo que se volveu ver no pleno deste 13 de outubro, levábanse ben e entendíanse.

Porque igual aí está a fórmula do asunto, e tamén na política: en entendernos malia que pensemos diferente.

Preguntaríase o porqué de que haxa persoas que elixen a política como carreira cando esta só lles depara sufrimento, malestar, desconsolo, discusións, confrontacións.

Botaría man do sentido común (o mellor que se pode facer) e pensaría no que lle diría a representantes políticos tan crispados como os do PBBI que propiciaron a moción: respirade, tomade o voso tempo, non adoptedes decisións en quente, subide á Curota e berrade con toda a forsa dos pulmóns, metédevos nunha sauna a 80 graos de temperatura (ou máis) un par de horiñas cando vexades escribir “Ribeira” con “b”, escoitade o Claro de Luna de Debussy se fai falta cando a cousa se complique, cando pensedes que o mundo é unha pura conspiración. Igual non hai tal cousa.

E se a situación non mellora, disídelle adeus á política, que tampouco se acaba o mundo.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...