
Pepa Millán, a portavoz de Vox no Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma aos migrantes que, nesas datas, invadiron esta. Ceuta, disque, non é para eles, para os que a invadiron. Pero tamén reparte cos “invasores” dereitos que ata o de agora nunca outorgou aos que Vox e PP recoñecen coma ilegais que deben retornar a Marrocos.
Tan inseguros están na ultradereita española dos dereitos de cada quen neste caso, como para dubidar das razóns que atinxen a cada quen?.
É tan só para facer que os demais tampouco o teñan claro, que non sei se pode ser así?. Porque Pepa Millán dixo máis dunha vez que Vox, o seu partido, é o único que se opón ao reparto de menores migrantes. E, de feito, unirase ao,PP na II marcha convocada este sábado por Sociedad Civil Española que vai percorrer o centro de Madrid “pola dignidade en defensa de España”.
Este martes, o secretario xeral do PP, Miguel Tellado, anunciou a participación do partido nesa segunda marcha , para esixir a convocatoria de eleccións xerais, ao coidar que España “sofre un goberno perigoso para a democracia e nós sumámonos a esta iniciativa para denuncialo, unha vez máis”.
Desde Vox entenden que “España necesita unha enorme demostración na rúa de que non estamos dispostos a perder a dignidade”.



