“Juan Magán” – Xulio Xiz

14 Outubro 2026

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán.

Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India, de Rosalía a Ana(s), de Orozco a Melendi, e cousas así, soábanos Magán e fomos escoitalo.

Chegamos ao comezo, profundamos na multitude e superamos o gaiteiro de  Xoan Vila un par de metros, xa por alí impenetrables. Na primeira canción, soubemos que non era para nós a irrefrenable fruición de milleiros de voces mozas competindo por escoitarse. O espazo vital achicábase por momentos, e emprendemos retirada honrosa cando aínda estamos a tempo.

Collidos da man para non perdernos, avanzamos paso a paso (centos de perdóns pedidos; centos de desculpas), e moito despois conseguimos chegar á esquina de Bispo Aguirre. Diante de nós, dúas nenas desnortadas; un carriño de bebé; unha cadeira de rodas; marabunta humana. Sucedíanse as cancións, coreadas camiño do trance.

Seguíamos pedindo perdón, por non pedir socorro. Únicos veteranos entre os milleiros da contorna, prometemos non volver caer na tentación. Cando por fin saímos da prisión, entramos nun inmenso fluído dos que con retraso acudían ao concerto. Ao sentirnos libres, respiramos fondo, formulamos propósito de emenda, e fomos tomar un viño como mellor medida diante da fallida incursión nun terreo que nos queda vedado para sempre.

Polo camiño, cruzámonos coa alcaldesa. Non a avisei, porque ela está na idade axeitada para que esta música e estes ambientes lle resulten música celestial.

Outros artigos

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.