
«O verdadeiro tempo só pode ser perdido», escribiu a filósofa Anne Dufourmantelle. Hoxe, unha xeración enteira intenta gañarlle a partida ao reloxo fuxindo cara ao lúgubre baleiro.
Imaxinemos que, nun futuro afastado, a humanidade logra construír unha máquina do tempo. O primeiro viaxante activa o mecanismo esperando contemplar ó apoxeo de Romas ou as cidades maias no seu esplendor, pero no seu lugar só atopa a asfixia inmediata do baleiro. O erro é de pura física: a Terra orbita ao redor do Sol, o sistema solar xira ao redor da galaxia e esta, á súa vez, desprázase polo espazo sideral. O lugar que ocupabamos hai un século —ou hai apenas un segundo— hoxe está deserto. Viaxar ao pasado, tanto no seu sentido máis literal como no máis poético, é viaxar á nada.
Con todo, as nosas xeracións viven obsesionadas con apostar polo retrovisor. Enganámonos crendo que somos donos do que xa ocorreu e que resulta máis sinxelo rescatar unha gloria pasada que arrincarlle un destino habitable a ese mar denso e escuro que é o futuro. Pero só posuímos recordos que se deforman co paso dos días. O segundo que acaba de expirar mentres lemos esta liña é tan inaccesible como o cumio dos dinosauros.
Ante esa batalla perdida contra a nostalxia, o único que nos queda é o presente e a ameaza do porvir. E nese cruzamento de camiños brotou un terror xeracional: o pánico para facerse maior. Non se trata unicamente do rexeitamento ás canas, as engurras ou o cansazo físico; é a vertixe de alcanzar unha idade en la que a sociedade espera que sexamos seres humanos completos e funcionais, só para descubrir que seguimos sentíndonos a medio facer.
Nas redes sociais e nas conversacións cotiás repítese unha especie de ladaíña resignada: «Eu non me imaxino chegando aos corenta», «a certa idade a vida xa se acaba». É un nihilismo light que presenta a mocidade como a cima dourada dun apostador que, tras xogar as súas mellores mans, debería retirarse da mesa. As razóns deste desalento son tan variadas como reais: o horizonte do colapso ambiental, os criptobros servís os tecno-oligarcas de Silicon Valley anunciando cada dous meses que o mundo laboral desaparecerá, ou a angustia máis íntima de ver desvanecerse o xardín do lecer da primeira adultez que da a universidade.
A trampa da festa infinita
Cando apostar polo futuro parece tan inútil como facelo polo pasado, só queda queimarse no presente. Vivimos baixo a lóxica do «compre agora e pague despois», tanto coa carteira como co corpo. O auxe da economía das experiencias —viaxes, concertos, estímulos inmediatos—coma unha relixión, aliméntase dunha xeración convencida de que nunca terá unha vivenda en propiedade nin un emprego estable. Se o mañá non promete nada, mellor endebedar o presente coa vaga esperanza de non estar aí cando chegue a factura. É puro nihilismo; esas metas ou sentido da vida carente de fundamento ou obxectivo, “o mañá non promete nada”, o que conduce a unha perda de motivación que sostense en hedonismo presentista, e na literatura o collige virgo rosas, nunca estivo mal…
As redes sociais converteron a mocidade nunha festa infinita, un resor inabarcable onde en cada cuarto ocorre algo extraordinario. En teoría, nunca debería ser mellor momento para ser novo. Na práctica, a tradicional curva en «U» da felicidade —que situaba a mocidade como a etapa máis ditosa— rompeuse. O exceso de brillo xera fatiga e unha condena silenciosa: elixir unha experiencia implica renunciar a outras mil que poderían ser mellores. Cada pracer cumprido arrastra o remorso do que nos estamos perdendo. E, aínda por riba, aínda que a festa é infinita, os invitados teñen data de caducidade.
O filósofo Søren Kierkegaard describiu esta sensación moito antes da existencia dos algoritmos. Chamouna a vertixe da liberdade: esa mestura de medo e angustia que sentimos o bordo dun precipicio, non só polo temor para caer, senón pola certeza de que somos completamente libres de saltar. O seu antídoto, o famoso «salto de fe», non é necesariamente relixioso, senón existencial: consiste en aceptar que a incerteza é inseparable de estar vivos.
Aprender a habitar o tempo sen desesperarse parécese moito a entrar nunha sauna sen teléfono nin auriculares. Ao principio, a ansiedade obriga a mirar a hora cada tres minutos, convencidos de que vixiar a conta atrás aliviará a espera. Pero o tempo só se volve lixeiro cando un deixa de medilo e permite que a mente divague. O problema é que, na vida cotiá, sempre hai un reloxo facendo tic-tac ao noso ao redor un péndulo que so cesa cando deixamos de percibilo porque xa non estamos presentes nese tic tac atómico.
Ese cronómetro non mide minutos, senón fitos: quen casou primeiro, quen comprou unha casa, quen viaxou máis lonxe. Un reloxo autoritario que converte o simple feito de existir nunha carreira contra o estancamento e empuxa a tomar decisións impulsivas só para demostrar que non nos estamos quedando atrás. Esquecemos que os reloxos e as vidas alleas son, como moito, marcapasos, nunca un compás nin un mapa.
Basta con cambiar de perspectiva para comprobar o absurdo desta obsesión. Unha muller de noventa anos chama «nenos» con total naturalidade a homes e mulleres de sesenta que xa son case avós. A obsesión pola xuventude eterna é un buraco sen fondo no que xa vemos a menores de vinte e cinco anos recorrendo a cremas e suplementos milagreiros ou capas de make-up e a adolescentes gastando fortunas en coláxeno, queratina e hialurónico, perseguindo un estándar que nin sequera os espellos —desprazados polos filtros automáticos de Insta, Tiktok— poden soster.
A liberdade de ter consecuencias
Crecer resulta moito menos aterrador cando se acepta unha verdade sinxela: o adulto «completo» non existe. Observase como homes que son pais os seus enfados ou ouveos só son a evolución dos berros deses cativos que se mexaban por eles. Os nosos pais e avós seguen navegando a mesma incerteza, equivocándose e buscando guías que a miúdo teñen que inventar sobre a marcha.
No fondo, moitos non temen á morte, senón á vida. Atérralles o momento en que as decisións empezan a ter consecuencias irreversibles, convencidos de que elixir un camiño destrúe a súa liberdade. Pero, como sinalaba Kierkegaard, é exactamente ao revés. Facer e desfacer sen consecuencias non é liberdade; é infancia, é imaxinación protexida. Ser verdadeiramente libre significa aceptar que os nosos actos alteran o mundo e transfórmannos para sempre. Para o humanismo cristiá sempre se dixo que a liberdade era saber elixir entre o correcto é o bo.
O pensador Pascal Bruckner suxire que é imposible acostumar envellecer porque cada década é un continente novo: o mestre que por fin dominou os seus vinte volve ser un completo novato ao pisar os trinta, e así sucesivamente. Ver a alguén de noventa anos levantarse cada mañá con proxectos pendentes demostra que morrer con cousas por terminar non é unha traxedia nin drama, senón a proba de que un nunca deixou de apostar o seu presente ao mañá.





