“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

22 Setembro 2026

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha bolsa con alimentos básicos para quince días. Este é un de tantos comentarios que escoito pola rúa, a certas persoas que nunca quixeron saber máis nada que mirar por eles mesmos e as súas propias familias, e por se fose pouco logo, case sempre, culpabilizan diso a algunha persoa pertencente a entidades benéficas.

Persoalmente non poño en dúbida de que poida haber algunha deficiencia, excesiva burocracia ou protocolos insuficientes sobre o control na repartición de alimentos ou outro tipo de axudas de emerxencia social. Pero podo afirmar categoricamente de que non hai ningún tipo de racismo ou favoritismo por unha ou outra persoa ou colectivo, cónstame que é arduo e complicado o traballo desinteresado, altruísta e de carácter voluntario que realizan a maioría das persoas que forman parte destas entidades benéficas para paliar, no posible e a través da caridade e a solidariedade, o sufrimento material, e en moito casos espiritual, de centenares de persoas que non chegan a fin de mes ou carecen absolutamente de calquera tipo de recurso económico.

Eu propoñeríalles, a estas persoas, que lanzan este tipo de trolas ou críticas infundadas, nada construtivas, que dedicasen unha parte do seu tempo de lecer, (moitas delas teñen demasiado), a colaborar con esas ONG para que constaten a pura realidade, con coñecemento de causa, e de paso poderían axudar aos seus veciños, sen darlles as costas, como sucede en demasiadas ocasións.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.