A mostra Asinamos ser libres recalará en Boiro logo da súa estadía en Outes (até este 2 de setembro)

31 Agosto 2021

Encadrada nos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas 2021, adicado á poeta Xela Arias, a mostra Asinamos ser libres vai recalar en Boiro, na Casa da Cultura, o día 8 de novembro, tendo as súas portas abertas até o 28 do mesmo mes.

Trátase dunha exposición promovida pola Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que vai percorrer once localidades galegas comezando na Biblioteca Pública Ánxel Casal, con paradas en concellos da Rede de Dinamización Lingüística e en bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, para difundir a figura, a vida, a obra e o contexto histórico que lle tocou vivir a Xela Arias.

Coordinada por María Xesús Nogueira, autora dos textos, e producida por Ouvirmos S.L., a mostra conta con fotografías de Xulio Gil, do Arquivo familiar Arias Castaño e do Arquivo Edicións Xerais de Galicia.

A través dos seus 12 paneis, que poden verse tamén en liña, o visitante coñecerá a infancia de Xela Arias, a súa adolescencia rebelde, os seus primeiros textos poéticos, a conexión da súa poesía coa cultura e a sociedade do seu tempo (a literatura, a música, a fotografía, o activismo político…), o seu labor como tradutora, a experiencia da maternidade plasmada en Darío a diario, o seu último poemario Intempériome, o seu pasamento repentino e o seu legado.

A mostra pode verse estes días en Outes, na Casa da Cultura, entre o 13 de agosto e o 2 de setembro.

A recalada en Boiro é a penúltima das paradas. A continuación, rematará o seu periplo na Fundación Curros Enríquez – Casa dos Poetas de Celanova (Ourense), entre o 29 de novembro e o 17 de decembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...