Cultura de Noia comparte unha completa axenda de actividades para este inicio de outono

23 Setembro 2026

A concelleira de Cultura, Chelo Martínez, presentou a programación cultural de Noia ata finais de outubro xunto con Alicia Díaz e Ramón Mayán, representantes do Cineclub Claudio Guerín. A proposta recupera, tras o verán, unha oferta regular con actividades para públicos de todas as idades.

“Queremos que a cultura volva formar parte da vida cotiá de Noia despois do verán, cunha programación estábel, de calidade e na que todas as persoas poidan atopar algo do seu interese”, sinalou Chelo Martínez.

A concelleira destacou a variedade dunha axenda que inclúe teatro profesional e afeccionado, espectáculos infantís, maxia, música e encontros literarios.

Unha das citas máis esperadas será a charla de Nieves Concostrina, o mércores 30 de setembro ás 20:30 horas. A actividade terá lugar finalmente no Liceo de Noia, polo que queda modificada a localización indicada no cartel da programación.

Entre as propostas de outubro figuran tamén os espectáculos teatrais Sol Fuerza e A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, a actuación musical Selene, de Pablo Sax, e distintas funcións de teatro afeccionado.

Á programación súmase o IV Ciclo Cine na Vila, organizado co Cineclub Claudio Guerín. As proxeccións serán no Coliseo Noela ás 19:30 horas: Tres adioses, o 27 de setembro; I Swear, o 11 de outubro; e Romería, o 24 de outubro.

“É un pracer continuar colaborando na programación cultural de Noia cun novo ciclo que, como sempre, achega ao público obras do ámbito nacional e internacional”, expresaron desde o Cineclub. Entre elas destacaron I Swear, que obtivo dous premios BAFTA en 2026, nas categorías de actor protagonista e reparto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.