O artista Doctor Toy homenaxea á vila de Noia na prolongación do mural do IES Virxe do Mar

24 Agosto 2021

Este mes de agosto déuselle continuidade ao mural do IES Virxe do Mar (Noia), do que informamos a comezos de xullo, poñendo o foco no éxito que estaba a ter a proposta como iniciativa de posta en valor do inmóbel, a nivel particular, e de fórmula creativa contra o feísmo que afecta ás nosas vilas, a nivel xeral. A prolongación do mural, unha homenaxe a algúns dos máis senlleiros edificios da localidade noiesa, veu a da man do artista de Vella Escola, Doctor Toy.

O Concello de Noia, co-responsábel deste proxecto xunto coa dirección do IES e as e os artistas integrantes de Vella Escola, felicitou ao artista polos resultados obtidos e sinalou que “con esta actuación preténdese dar unha maior vistosidade á fachada do inmóbel e, así, eliminar as pintadas que se viñan producindo”.

No que respecta aos traballos previos focalizáronse na fachada posterior, na vertente que dá á rúa Besteiros.

Segundo indicaron os responsábeis deste gran mural que está a recubrir boa parte do centro educativo (a idea básica é facer unha intervención no seu conxunto), non só se conseguiu unha importante mellora visual neste enclave de Noia, senón que se creou un claro referente ou modelo a seguir para outros proxectos análogos de mellora urbana, tanto na dita localidade como noutras vilas e cidades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...