Notábel presenza de edificacións dos nosos concellos nos Premios COAG de Arquitectura

01 Setembro 2021

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra a súa XIX edición dos Premios COAG de Arquitectura coa participación de 197 propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre 1 de agosto do 2018 e o 30 de setembro do 2020. Unha vez máis, a comarca do Barbanza vai ter un importante protagonismo, cun feixe de propostas innovadoras que abren novos horizontes á construción na nosa terra sen perder de visita os grandes logros edificativos dos que partimos.

Vivenda unifamiliar en Fonte Ramil, Castiñeiras

Exemplos disto son as seguintes candidaturas: unha nova vivenda unifamiliar en Fonte Ramil (Castiñeiras, Ribeira) da man de Óscar Luis Rodríguez Ramos, a Surf House de Frieiro (Miñortos, Porto do Son) a cargo de Doesmás Arquitectos (Álvaro Marín e Alfonso Castro); a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Miraflores (Muros), da man de Iago Fernández Penedo e Óscar Fuertes Dopico; as obras para mellorar a caseta de pescadores do Coído (Tal, Muros), desenvolvidas por Jorge Enríquez Méndez; a reforma das instalacións de Dúo Estilistas en Boiro (levada a cabo polo Estudio de Arquitectura Puntocero); e a rehabilitación de Clínica Dental EV en Boiro (Estudio de Arquitectura Puntocero). Asemade, atópase entre as candidaturas o estudo Arquitectura dende a paisaxe. Implantación de desenvolvemento pecuario e investigación na Barbanza, a cargo de Alicia Casanova Adán.

A vivenda unifamiliar de Miraflores, Muros

O acto público de entrega de premios celebrarase o 25 de setembro pola tarde no Pazo de Baión en Vilanova de Arousa (Abelleira 4,5,6, Baión). O evento conta coa colaboración das empresas Porcelanosa Grupo, Exlabesa Architecture, Pazo Baión, Grupo Aluman, Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, Condes de Albarei, Ramírez Construcciones e Tejas Verea.

Segundo informa o COAG, as propostas participantes están incluídas dentro destas nove categorías: residencial de nova planta (na que se distingue entre vivenda unifamiliar con 31 candidaturas, e vivenda colectiva, con 3 candidaturas); outros edificios de nova planta, 15; obras de restauración e rehabilitación, 49; obras de interiorismo, 41; arquitecturas efémeras e deseño, 15; deseño de espazos urbanos, xardinería e paisaxismo, 16; divulgación e investigación, 14; Proxecto Fin de Carreira, 13; e categoría especial a toda a Traxectoria Profesional que se fallará previamente á gala de entrega dos galardóns.

A decana do COAG, Elena Ampudia, manifesta a satisfacción da xunta de goberno do colexio oficial pola “alta participación” no certame, e agradece a todas as colexias e todos os colexiados o seu entusiasmo con estes premios: “Será bastante complexa a elección de finalistas data a calidade de todas e cada unha das candidaturas”. Quixo tamén agradecer a resposta dos patrocinadores que colaborarán para celebrar, nunha gran gala de entrega de premios, a excepcional calidade da arquitectura galega, pero apuntou que aínda están pendentes varias incorporacións.

O xurado está composto pola decana do Colexio de Arquitectos de Galicia, que actuará como presidenta; como vogais, a arquitecta e vicepresidenta da Ordem de Arquitectos de Portugal, Paula Santos; o arquitecto Antonio Ortiz; a arquitecta e responsable da Comisión de Cultura do COAG, Emma Noriega; a arquitecta Ana Couto, responsable da Comisión de Urbanismo e Territorio do COAG; e a arquitecta e secretaria da Xunta de Goberno do Colexio, Elvira Carregado, que actuará de secretaria do xurado. O xurado avaliou detidamente as propostas recibidas e fixo unha selección previa de cinco obras finalistas por categoría, elección que se fará pública proximamente. O ditame final farase público na gala de entrega de premios.

Outros artigos

Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón

A mesa de contratación do Concello de Padrón adxudicou hoxe a construción da nova escola infantil á unión temporal de empresas formada pola firma padronesa Elite e a madrileña Consvial. A UTE comprométese a executar as obras nun prazo de seis meses e cun orzamento...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.