Pista Catro leva a Rianxo os insectos xigantes do doutor Mezzo

27 Agosto 2021

O vindeiro 5 de setembro vai estar en Rianxo, no exterior do CEIP Castelao e para animar o serán de pequenos e maiores, o fabuloso circo de insectos xigantes do doutor Mezzo, a cargo da agrupación Pista Catro. Será ás 19.30 horas, organizado pola área de Cultura do Concello.


Mezzo, segundo informa este departamento, é un espectáculo itinerante de circo cheo de cor, imaxinación e fantasía, co que Pista Catro quere recuperar por unha banda o espírito de aventura das novelas de Julio Verne, e por outra banda a estética visual dos circos ambulantes de finais do século XIX e principios do XX. Haberá escenografía móbil, números circenses, personaxes fantásticos, música e participación directa do público.
Argumento
Giovanni di Mezzo, botánico, explorador e naturalista xenovés do século XIX, descubre unha illa no Océano Pacífico que alberga estrañas criaturas, descoñecidas especies de insectos xigantes da Era Mesozoica que sobreviviron á grande extinción. Ao regresar a Europa, o doutor Mezzo exhibe algunhas destas criaturas nunha feira ambulante no que se deu en chamar como O Fantástico Circo de Insectos Xigantes do Doutor Mezzo.
O aforo do espectáculo será limitado. Será preciso facer a reserva previa de localidades a través da sección de reservas da web municipal. O prazo remata ás 12:00 h do mércores 1 de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...