CeibaRimas reunirá en Rianxo o mellor “freestyle” en galego co apoio da Deputación

25 Setembro 2026

Rianxo converterase o vindeiro 3 de outubro nun punto de encontro para a música, a cultura urbana e a tradición oral galega coa celebración de CeibaRimas 2026, a gran competición de freestyle improvisado en lingua galega, que conta co apoio do Concello e da Deputación da Coruña. A sexta edición do evento desenvolverase nas inmediacións da praza de Castelao a partir das 18.00 horas e reunirá participantes e artistas arredor da palabra improvisada en galego. A competición repartirá máis de 1.000 euros en premios e terá inscrición gratuíta a través da web de CeibaRimas.

Para quen non o saiba, CeibaRimas é o único proxecto de rap improvisado 100% en galego. A través de formacións, exhibicións, contidos en liña e competicións creouse unha comunidade de improvisadorxs en galego, inexistente ata este proxecto. Unha iniciativa que fomenta o uso da nosa lingua, premiado na 5ª edición dos Premios Mil Primaveras, na 16ª dos Premios Rosalía de Castro e que xa figura nos libros de texto de secundaria como exemplo actividade normalizadora.

Na presentación participaron os concelleiros Julio Alcalde e Ana Vidal e máis a responsábel de Lingua da Deputación, Sol Agra.

A deputada de Lingua, Sol Agra, salientou o valor dunha iniciativa que “demostra que o galego é unha lingua plenamente viva, capaz de habitar todos os espazos e de dialogar coas novas formas de creación cultural”. Sinalou tamén que “o freestyle ten unha enorme capacidade para conectar coa xente nova e para facer do galego unha lingua de uso, de creación e de diversión. Desde a Deputación queremos apoiar proxectos que, como CeibaRimas, amplían os espazos nos que a nosa lingua está presente e achegan a cultura galega a novas xeracións”.

Programación

Ademais da competición, CeibaRimas ofrecerá ao longo da tarde unha ampla programación musical. O cartel contará cos concertos de Rebeliom do Inframundo e Txuki Camanho, xunto coas actuacións de Noa Vigo, Baba Sall, Alddara, Skadi GZ, Basti e Ash Diz. Unha vez rematada a competición, a programación continuará a partir das 23.00 horas cunha afterparty que contará coas sesións de DJ Misa, Saibran DJ Set e Soundivan.

Entre as novidades desta sexta edición destaca a incorporación dun obradoiro de rap improvisado para nenas e nenos de 6 a 12 anos, que comezará ás 12.00 horas e será impartido por High Paw. “É especialmente importante que as novas xeracións vexan que o galego tamén pode ser a lingua coa que crean, xogan, improvisan e se expresan nos ámbitos culturais que forman parte do seu día a día”, engadiu Agra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.