Jhul Principe Casahuaman acepta 21 anos de prisión por asasinar a súa ex parella en Palmeira

23 Novembro 2026

O asasino de Andrea Yturri, morta a puñaladas pola súa ex parella o 19 de marzo de 2024, aceptou este 23 de novembro 21 anos de prisión, ante a Audiencia Provincial, polos devanditos feitos e tamén por delitos de maltrato continuado.

Jhul Principe Casahuaman acabou coa vida de Andrea na residencia desta en Palmeira (Ribeira), con quen tiña un fillo en común de dous anos.

Na sesión celebrada na sección compostelá da Audiencia Provincial, o asasino quixo pedir perdón á familia de Andrea. Fíxoo no marco dun proceso breve no que todo estaba previsto para que fose xulgado por un xurado popular, nos Xulgados de Fontiñas. Porén, o xuízo non prosperou ao negociaren as partes un acordo mediante o cal o acusado aceptaba a pena de 21 anos (dos 25 que reclamaba o fiscal), recoñecéndose culpábel dun delito de asasinato e doutro de malos tratos con agravantes de xénero e de parentesco. Amais, terá que aboar 166.000 euros ao seu fillo e 126.000 euros á nai da súa ex parella.

A maiores, perderá a patria potestade do seu fillo, sen dereito a visitas, sen ser posíbel que se comunique con ela nin cos parentes da vítima durante catro décadas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.