O Concello de Boiro e García Sánchez desenvolven unha nova edición do programa Sementa vida, sementa futuro

23 Novembro 2026

O Concello de Boiro colabora con García Sánchez para o desenvolvemento dunha nova edición do proxecto ambiental e formativo Sementa Vida, Sementa Futuro. O alcalde, José Ramón Romero, e as concelleiras de Medio Ambiente, Olga González; e Ensino, Carmen Silva, participaron na presentación da actividade xunto con Lola García, de García Sánchez, e Emilio Saborido, técnico forestal que participa no desenvolvemento do proxecto.

Trátase dunha iniciativa de carácter medioambiental, educativo e comunitario que nace coa finalidade de “achegar aos nenos e nenas de Boiro ao coñecemento e coidado da contorna natural”, indicaron.

“Esta iniciativa que se desenvolverá cada curso en dous centros educativos busca achegar aos nenos ás Comunidades de Montes” afirmou Lola García.

En concreto, Sementa Vida busca fomentar entre os mais novos conciencia ambiental, sentido de pertenza, respecto pola contorna e compromiso coa conservación e coidado do territorio. “É importante que os nenos e nenas sexan capaces de identificar e diferenciar especies invasoras de autóctonas e que conten con ferramentas para favorecer o futuro das Comunidades de Montes”, recoñeceu Emilio Saborido.

O proxecto vaise desenvolver co alumnado do 5º e 6º de Primaria dos centros educativos do municipio e consistirá en tres actividades. A primeira delas será unha formación sobre o funcionamento das comunidades de montes e as especies de árbores existentes na nosa contorna; a segunda actividade será unha plantación; e a terceira das actividades un obradoiro de herbario escolar.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a implicación de García Sánchez “nun proxecto que combina a colaboración público-privada para levar a cabo unha iniciativa medioambiental, educativa e de colaboración coas Comunidades de Montes do noso municipio”.

Outros artigos

Comezan os obradoiros sostíbeis de Nadal no municipio ribeirense

Obradoiros en Carreira Ribeira iniciou na fin de semana os obradoiros sostíbeis de Nadal coa súa impartición nas parroquias de Palmeira, Carreira e Castiñeiras, onde "houbo gran éxito de participación", segundo destacaron os concelleiros Víctor Reiriz e Emilio Pérez,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.