“Do COP31 á desaparición en Ribeira de carrulas e anduriñas” – Antón Luaces

23 Novembro 2026

A COP31 (Conferencia da ONU sobre o cambio climático)  celebrada en Turquía, non deu chegado a implementar os recortes urxentes das emisións que esixe a ciencia. As negociacións prolongáronse após unha acalorada discusión sobre si se debía ou non citar os combustibles fósiles no texto final.

No actual contexto de crise climática, a COP31 quedou curta: tentaba consolidar un cambio decisivo na negociación da aplicación real de medidas climáticas e nen sequera se acadou o recoñecemento das follas de ruta establecidas na anterior COP30 sobre combustibles fósiles e bosques. O foco centrouse nas tecnoloxías de captura de carbono, o que fixo que se desviara a atención á redución das emisións. Mesmo existen lagoas evidentes na transición para abandonar os combustibles fósiles, a redución de emisións, o afortalamento da resiliencia e a aplicación dun maior financiamento para os países do sur global.

Estas formulacións trouxéronme a relembranza dun tempo -anos 54, aproximadamente, do século pasado- nos que en Ribeira (como acontecía no resto de España) carecíase da menor preocupación polo que podería ser o uso de combustibles fósiles: poucos coches, menos barcos, contados camións, escasos autobuses (coa excepción dos da compañía Celta, que facía dúas viaxes diarias a Santiago e unha a Noia por estradas que obrigaban a un traqueteo insoportable e o traslado de equipaxes e paquetería ao teito dos “buses”, sempre baixo a atenta ollada de Julián Elorduy na miniestación do Celta situada a carón da pista de baile de Cambeiro). 

Tempos nos que as carrulas -sempre pensei que eras as crías das gaivotas e, ao parecer, tratábase dunha especie distinta de gaivota que na actualidade non existe- sobrevoaban constantemente o espazo entre a Ínsua e as praias de Colomer e Pedra Pateira. Tempos asimesmo de anduriñas, que chegaban na primavera e desaparecían no outono: aniñaban no beirado de tellados e balcóns e pasaban coma frechas por todos os espazos abertos coma o malecón. Unhas e outras chegaban en enormes bandadas e, ano tras ano foron desaparecendo. 

De aqueles vellos camións quédame a lembranza do de Manolo “O Carneiro” e a “camioneta” de lixivias “La Carrula”, que Nieto conducía con singular mestría pola estrada de Ribeira a Castiñeiras.

Relembranzas… 

Outros artigos

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

+

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

+

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.