Asasinada unha muller en Palmeira a mans supostamente da súa parella. A Corporación rexeita o asasinato machista nun comunicado

19 Marzo 2024

Novo caso de violencia de xénero en Galicia, desta volta na nosa comarca. Unha muller de 25 anos, Andrea M.T.T, foi asasinada presuntamente pola súa ex-parella J. P.este martes 19 de marzo pola tarde, no seu domicilio da rúa Doutor Torres de Pameira (Ribeira), onde convivía co seu asasino. Ao parecer, a muller foi atacada cunha arma branca. O home tentou suicidarse logo de acabar coa vida da súa parella. Investígase como crime machista. O presunto asasino atópase no Hospital do Barbanza en estado crítico.

TVG

O suceso foi comunicado ao 112 por un particular, que mostrou a súa preocupación polos berros escoitados nunha vivenda da devandita rúa de Palmeira.

Tratouse dun apuñalamento cun coitelo de cociña afiado, e os axentes da Policía Xudicial xa o atoparon. Foi con esta mesma arma coa que logo tentou quitarse a vida o suposto agresor, xa que na zona había abundante sangue procedente das feridas que se autoinflingió. O home chamou ao 112 alertando do que fixera e da súa intención de acabar coa súa vida.

Os feitos foron comunicados logo á Policía Nacional, Policía Local, Bombeiros de Ribeira e 061. A muller xa falecera cando os efectivos de emerxencias entran no domicilio.

Segundo puidemos saber, a parella tiña un fillo pequeno de dous anos que non estaba no domicilio este martes pola tarde, cando sucederon os feitos.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, compareceu tamén no lugar, onde condenou os feitos e confirmou que a vítima tiña 25 anos e que estaba separada da súa parella. Explicou que o suceso ocorreu sobre as cinco da tarde e que o suposto agresor utilizou unha arma branca. Tiñan un neno de 2 anos, que no momento do asasinato non se atopaba na casa e que agora está a ser atendido polos familiares. Pérez Barral anunciou que este mércores celebrarase un pleno extraordinario urxente e un minuto de silencio para condenar o crime, ademais de decretar loito.

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, condenou  o crime e enviou o seu “apoio e agarimo” á familia da vítima.

“Estremecémonos cada vez que recibimos unha noticia coma esta. Un novo asasinato machista deixa á sociedade galega e á vila de Ribeira sen palabras”, escribiu Rueda na súa conta na rede social X esta tarde.

Enviou ademais o seu “apoio e agarimo á familia e aos seres queridos de Andrea. #NinUnhaMenos”, conclúe a mensaxe.

A corporación municipal expresa o seu rexeitamento ante o asesinato acontecido no municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.