
A Garda Civil informou da detención de catro persoas, dous homes e dúas mulleres, por roubar en igrexas de Noia e da contorna, entre elas o tempo de San Martiño, o pasado 7 de setembro, onde chegaron a levarse a pleno día os copóns de prata que acubillaba o sagrario e que contiñan as hostias consagradas destinadas á misa que se ía oficiar logo.
Foron, polo menos, catro asaltos no Barbanza a longo desta tempada.
A investigación foi levada pola Garda Civil de Noia, que confirmou que todos os ladróns residían fóra da comarca. Valíalles calquera cousa que atopan nas igrexas, mesmo o diñeiro en efectivo das esmolas. Os catro individuos detidos pasaron a disposición da autoridade xudicial, que decidiu a súa posta en liberdade con cargos.



