Manolo González recibe en Padrón o Premio FOCO á Traxectoria 2026 polo seu labor no cinema galego

16 Outubro 2026
  • A homenaxe da II Mostra de Cinema Galego celebrouse no Auditorio do Campus Tecnolóxico Cortizo nunha sesión dedicada á memoria filmográfica e ao legado de José Gil.
  • O alcalde, Anxo Arca, destacou a traxectoria do premiado na recuperación e divulgación do noso patrimonio audiovisual.
  • O certame continúa esta fin de semana con actividades nas fundacións Rosalía de Castro e Camilo José Cela.

A II Mostra de Cinema Galego FOCO viviu este venres, 16 de outubro, unha das súas xornadas máis salientables coa entrega do Premio FOCO á Traxectoria 2026 a Manolo González, unha das figuras esenciais para comprender a historia, a investigación e a salvagarda do cinema en Galicia.

O acto tivo lugar no Auditorio do Campus Tecnolóxico Cortizo, onde o alcalde de Padrón, Anxo Arca, fixo entrega do galardón e enxalzou a traxectoria do homenaxeado, subliñando a súa entrega constante á formación, ao estudo e á preservación do patrimonio filmográfico galego.

Primeiro director do Centro Galego das Artes da Imaxe (actual Filmoteca de Galicia), docente na Escola de Imaxe e Son da Coruña e investigador incansable, González destacou historicamente polo seu apoio continuado ás novas xeracións do sector. Ademais, foi o principal impulsor da investigación que permitiu rescatar e dignificar a figura do pioneiro José Gil, cuxa obra se expón estes días na Praza de Macías.

A sesión inaugural completouse coa proxección do documental José Gil, fotógrafo e pioneiro do cine, dirixido por Miguel Romero, e pechouse coa exhibición de Voda en Padrón, 1929, unha peza histórica de tres minutos atribuída a Gil que recolle o enlace entre Dolores Pérez e Joaquín San Martín hai case un século.

Programación da fin de semana

A Mostra FOCO prolongarase durante toda a fin de semana cun programa cheo de propostas abertas e gratuítas ata completar a capacidade:

  • Sábado 17 (Fundación Rosalía de Castro):
    • 18:00 h: Proxección da curtametraxe BASAL e posterior coloquio coa súa directora, a cantautora Ugía Pedreira, nunha obra íntima arredor dos coidados, a música e a memoria xunto á súa filla Lua Awel.
    • 19:30 h: Concerto de Factoría de Subsistencia, proxecto musical e interpretativo encabezado polo actor Josito Porto.
  • Domingo 18:
    • 13:00 h (Rúas de Padrón): Pasarrúas a ritmo de jazz tradicional, swing e second line a cargo da St. James Dixie Band.
    • 18:00 h (Fundación Camilo José Cela): Estrea da sección DaCasa, espazo concibido para visibilizar a creadoras e creadores emerxentes da comarca. Participarán Laura Sixto (Padrón), xefa de produción do videoclip Fai Tempo de The Rapants; Zeltia Iglesias (Rois), creadora do deseño do trofeo FOCO 2026 inspirado no pioneiro José Gil; e Telmo Portas (Pontecesures), quen achegará as súas vivencias na produción audiovisual e proxectos de ficción e documental.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.