“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

17 Outubro 2026

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada “Pasaba por aquí”, interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis Eduardo Aute, popularizada por Pedro Guerra e Joaquín Sabina, entre outros artistas. 

Esta interpretación de Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro tivo para min esta tarde-noite un valor especial, sen saber o por que. E cando nos achegabamos á media noite caín na conta de que o que máis me atraía desa interpretación das cantareiras galegas non era precisamente o seu canto senón a casualidade de escoitalas mentres agardaba a resolución do dilema que afectaba en España aos partidos á esquerda da esquerda. Pasaba por aquí, si, mais non atopaba unha saída efectiva para o problema que tan directamente nos afecta a todos neste país que non se sabe se chora, se ri ou, simplemente, se consume nese ser ou non ser no que navega desde que Pedro Sánchez, noutro exercicio de resistencia, convoca novas eleccións con tódolos azos dispostos para continuar outros catro anos á fronte do Goberno.

Tres voces, tres tonalidades, tres xeitos de dicir os das mozas de Tanxugueiras. E as forzas políticas españolas, sen atopar unha saída convincente. Porque se a esquerda está dividida e non atopa un nexo común que vencelle máis fortemente ás distintas forzas desta banda  do arco parlamentario español, non é menos certo -ao meu parecer- que a dereita e a dereita da dereita están moito mellor por moi achegados -non digo unidos- que aparenten estar. Porque eu non vexo moitos síntomas de unión real -sí algunha comuñón de intereses- entre PP e Vox, Nueva Canarias, Junts, PNV e UPN, o que non quita que a unión de todos estes partidos sexa máis doada que a de esquerdas. Estas esgotaban o prazo para presentar coaligacións, sen dar unha saída de seguridade -dentro do que cabe- a unha formación unida: os protagonismos existen nunha e noutra banda dese arco parlamentario anteriormente mencionado.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.