En Porto do Son falece unha persoa atropelada por un turismo na estrada AC-550 ao seu paso pola vila

26 Novembro 2026
  • O sinistro produciuse arredor das oito da mañá deste xoves na parroquia de Goiáns
  • Foi a propia persoa condutora do vehículo implicado quen deu a voz de alarma ao 112 Galicia
GES Noia

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras ser atropelada por un turismo no concello coruñés de Porto do Son. O sinistro rexistrouse arredor das oito da mañá na estrada AC-550, á altura da parroquia de Goiáns.

Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o aviso recibiuse poucos minutos despois das oito a través da chamada da propia persoa condutora implicada no accidente, quen xa advertiu da extrema gravidade da situación.

De inmediato, os xestores de emerxencias activaron un dispositivo no que participaron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia.

Unha vez no punto do sinistro, os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida da vítima e tan só puideron confirmar o seu falecemento no lugar.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...