Venres 27 con ceos moi nubrados, precipitacións febles no oeste e un ascenso das temperaturas

26 Novembro 2026

Galicia vivirá este venres, 27 de novembro, unha xornada marcada pola chegada dunha fronte cálida pouco activa que deixará abundantes nubes en todo o territorio e precipitacións de carácter feble.

Estas chuvias serán máis probables na metade oeste do país, afectando tanto á franxa atlántica e ás Rías Baixas coma á comarca de Santiago de Compostela.

No referente aos termómetros, as temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado ao longo do día. Pola súa banda, os ventos soprarán de compoñente sur-suroeste, facéndoo con intensidade frouxa nas zonas do interior e moderada ao longo de toda a costa.(máximas de 15 a 17 graos).

O Barbanza

O noso mar; Vento do sur, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 4 a 5 á tarde. Forte marusía. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá e 2.5 a 3 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...