
Con motivo da celebración deste 25 de novembro (Día Internacional contra a Violencia Machista), a Asociación de Mulleres do Barbanza (Marcha Mundial das Mulleres) vai levar a cabo un importante acto conmemorativo (aberto e participativo) este mesmo mércores ás 20.00 horas na praza da Porta do Sol, no centro de Ribeira.
Será unha concentración e un acto público e unha vez rematado as persoas participantes desprazaranse ata a praza do Concello de Santa Uxía, na Columna das Vidas Fendidas, para facer unha lembrada das mulleres asasinadas no que vai de ano.
A asociación fai un chamamento á participación da veciñanza: “Neste ano en que estamos a oír tantos discursos negacionistas da violencia de xénero e no que nuns días nos xogamos tanto con respecto aos nosos dereitos, a vosa presenza é máis necesaria que nunca”, sinalan.




