“Adegas Terra de Asorei”. Xosé González Martínez

14 Outubro 2025

Hai cen anos que se celebrou en Lugo o Primeiro Congreso de Economia Galega. Dous
días de traballo intenso de persoalidades relevantes en cadansúas áreas de
coñecementos. O remol das achegas feitas naquel cónclave que abordou a planificación
económica, a ordenación do territorio, as comunicación e outras estratexias para o
desenvolvemento de Galicia deixou fondas pegadas nalgúns dos asistentes, como foi a
familia Fernández López, que puxo en pé diversos proxectos industriais que beberon
naquelas fontes congresuais. Aínda que Álvaro Gil non participou nel, si que foi un
dinamizador desas empresas. Xa que logo, é un epígono cualificado daquel encontro,
codirixindo empresas enmarcadas no que se chamou economía autocentrada, é dicir,
desenvolvemento económico a partir dos propios recurso naturais do país. Por esta razón
será homenaxeado coa instalación dun busto seu ao pé da casa que foi a súa moradia, e
coa publicación da biografía elaborada polo historiador Ricardo Gurriarán.
Para que poidamos ver con perspectiva histórica a trasncendencia dalgunhas das
conclusións congrensuais, abonda con citar a solicitude que naquel entón lle fixeran á
Deputación de Ourense para que crease en Ribadavia unha Estación Enolóxica para a
defensa da moderna vinicultura e a loita contra as adulteracións que tanto mal lle fixeron
ao viño. Aquela pretensión materializouse moitísimos anos despois, en 1987.
Continuadora dos desexos expresados no Congreso foi a Unión de Colleiteiros do Ribeiro
do Avia (UCRA) promovida polo intelectual galeguista Álvaro das Casas en xaneiro de 1936.

O Manifesto que recolle a filosofía daquela entidade, que desgrazadamente foi
tronzada pola sublevación militar de xullo, incluía no seu argumentario un chamamento
aos consumidores que aínda hoxe ten vixencia: “Defendede os produtos da nosa terra,
sabendo que así estades defendendo o pan dos nosos veciños, os intereses dos nosos
amigos e a gloria do noso país”. O proxecto societario estimaba importante a utilización
da lingua galega na etiquetaxe.
Moitos anos despois, por volta dos anos oitenta, a Asociación de Funcionarios para a
Normalización Lingúístico, retomou o proxecto galeguizador do Congreso lucense e da
UCRA, dinamizando o uso da lingua galega nos envases dos nosos viños e doutros
produtos elaborados polas industriais agroalimentarias. O que parecía imposible
conseguir, sen embargo, armados da paciencia e a pedagoxía galeguizadora que nos
caracterizan, tiveron exitosos resultados grazas á receptividade dos adegueiros que
intelixentemente asociaron os seus produtos co noso idioma.
O próximo día 18 o Foro E. Peinador celebrará nas instalacións das Adegas Terra de
Asorei, en Meis, un novo Día da Galeguidade Empresarial. Ali teremos a oportunidade de
agradecerlles aos adegueiros a súa implicación no fomento da lingua galega nos envases
das distintas marcas comerciais dos viños que elaboran de excelente calidade, e que se
exportan a máis de vinte paises do mundo. O que puidera ser un problema, converteuse
nun requisito fundamental esixidos polas empresas comercializadoras neses paises.

    Querían que os consumidores tivesen a certeza de que as ofertas viñan dun país
    concreto, e a mellor maneira de identificalas era pola lingua das etiquetas.
    A utilización da lingua galega non é un inconvenmiente para estar nos mercados
    internacionais. Nós mesmos consumimos licores e viños procedentes de paises
    estranxeiros que se etiquetan na lingua de orixe. Reparen nos andeis das grandes
    superficies, ou nas cafeterías que teñen ao pé dos seus domicilios, onde se amosa esa
    variada oferta en cadanseu idioma. Digo eu que o que fan outros podémolo facer nós.
    As institucións públicas teñen moito que dicir no prestixio social do noso idioma. Por iso é
    importante que organimos públicos como Igape, XesGalicia, ou os departamentos da
    Xunta de Galicia que teñen como misión a creación de tecido empresarial, obriguen aos
    beneficiarios desas subvencións públicas ao uso da lingua galega na etiquetaxe, imaxe
    corporativa, publicidade, e tamén co debido respecto aos dereitos lingüísticos dos
    traballadores e consumidores establecidas pola normativa oficial.

    • Presidente do Foro E. Peinador.

    Outros artigos

    Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

    Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Etapas vitais” – José Manuel Pena

    “Etapas vitais” – José Manuel Pena

    O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.