Proseguen este mes de setembro as grandes celebracións da nosa comarca, que, este ano comparten un esforzo común por facer perdurar a esencia festiva das grandes citas do calendario ao tempo que se reducen aforamentos e se aposta por un meirande distanciamento. Nesta liña, a área de Cultura do Concello de Porto do Son vén de subir ás redes o programa de citas e espectáculos e demais actividades das Festas do Carme da vila sonense. A axenda desenvolverase entre os días 7 e 11 de setembro.
-7 de setembro – Véspera
Canlebó de Camboño
MaloSerá ás 12.30 horas na praza de España
-8 de setembro – O Carme
Canlebó de Camboño
Misas ás 10:00h na Capela da Atalaia e ñas 12:00h no Xardín Portuario
As Lens ás 13:30h na Fachada Marítima
Narci Rodriguez ás 13:30h na praza de España (Rede Cultural da Deputación da Coruña)
Tarde para a cativada! De 16:30h a 20:30h, inchables e espuma no xardín do porto sonense.
Grupo “A Misela” ás 21:30h na Praza de España (será preciso inscrición previa entrada)
– 9 de setembro – O Loreto
Misas ás 9:00h, 10:00h, 11:00h, 12:00h, 13:00h, 19:00h e 20:00h na Capela do Loreto
Autorízase ir a comer ao Campamento do Loreto, mais por prevención fronte ao COVID19 (nota: non haberá sardiñada)
O son do Pote
-10 de setembro – San Roque
Canlebó de Camboño
Misas ás 10:00h e ás 12:00h na Capela da Atalaia
Loren Tevra ás 13:00h na Fachada Marítima
Luar na Lubre (será preciso inscrición previa entrada · Actuación pertencente á Política Lingüística da Xunta de Galicia)
(Teloneiros) Dequenvessendo

–11 de setembro – A Caridade
Canlebó de Camboño
Misas ás 10:00h e ás 12:00h na Igrexa Parroquial
DJ Geno · Cabina Móbil e Discotecas Móbiles ás 13:00h na Fachada Marítima
Banda Cultural Vila de Noia ás 13:00h na Praza de España (O País das Bandas · Xacobeo 2021)
Festa da Auga con inchables acuáticos e espuma de 12:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30h no xardín do porto
Stormy Trucks ás 21:00h na praza de España




