Este venres presentase na Pobra Os mundos de agora do xornalista e divulgador Lois Oreiro

27 Agosto 2021

O divulgador científico-tecnolóxico e xornalista Lois Oreiro estará na Pobra do Caramiñal este 27 de agosto para presentar o seu libro Os mundos de agora. A cita será ás 20.30 horas no auditorio do Museo Valle-Inclán. Organiza o Concello coa colaboración da Asociación Cultural Barbantia, Ler Librerías e Editorial Galaxia.

No acto, ademais do propio autor, intervirán o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e o neurocientífico Xoán Casto Rivadulla.

Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deben realizar a súa reserva a través do teléfono de contacto 981 831 545.

A obra

Publicada por Galaxia, Os mundos de agora forma parte dunha nova colección de ensaio sobre temas de actualidade (Hoxeéhoxe) lanzada pola editorial galega. No seu libro, Oreiro reflexiona sobre o concepto de transhumanismo e insta a ter unha mirada crítica sobre os fenómenos de transformación tecnolóxica que nos rodean, e que pouco a pouco van mudando a sociedade até ter un impacto nas nosas vidas que non só era imposíbel de predicir hai varias décadas. Tamén pon o foco na progresiva desaparición das fronteiras entre o dixital e o humano, “un proceso que se vai ligar a necesidades como a saúde e o emprego”, e que poden levarnos a lexitimar unha radical transformación da intelixencia, os sentidos ou incluso as emocións.

Lois Oreiro (Zas 1966) é escritor e xornalista. Traballa na TVG. Licenciado en Ciencias da Información pola UCM, entre 1989 e 2004 foi reporteiro da CRTVG fóra de Galicia e de volta aquí alternou ese labor con colaboracións noutros medios audiovisuais. Publicou artigos en Grial, Diario de Pontevedra, La Opinión de A Coruña, Xornal de Galicia e Avui.cat. É autor do libro Xallas. Teoría da existencia e do poemario Uns ós outros.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.