A comunidade de Amicos mostra en Rianxo como facer obras de arte con material de reciclaxe

27 Agosto 2021

A asociación Amicos, centrada en derrubar obstáculos de inclusión dende a nosa comarca e en favorecer a integración das persoas con diversidades funcionais e cognitivas, inaugurou este 27 de agosto no Auditorio de Rianxo unha exposición de arte feita con materiais de reciclaxe. A mostra, que amais do valor artístico intrínseco das pezas integrantes é unha chamada de atención a prol do ecolóxico e o sustentábel, está composta por obras que van dende os símbolos até as experiencias do Camiño de Santiago.

“Con este tipo de arte”, informou a asociación, “buscamos transformar residuos como o papel, o cartón, a madeira, o cristal, os plásticos, os metais ou o caucho en obras de arte, tirando proveito dos traballos de limpeza que a nosa comunidade desenvolveu nos últimos meses nas praias e ríos da comarca do Barbanza”.

O resultado é unha exposición variada que se sitúa alén de calquera tipo de obstáculo creativo: pódese apostar por calquera estilo, disciplina e formato.

A proposta de Amicos abéirase ás celebracións actuais do Xacobeo e o Camiño de Santiago, e tamén ao obradoiro Expresarte que consiste en que as persoas poidan desenvolverse artisticamente levando acabo unha actividade participativa de creatividade artística.

Na inauguración participou Dina Iglesias, vicepresidenta de Amicos, que dixo que as pezas presentadas son obras concibidas ao partir de materiais reciclados, seguindo a temática do Camiño de Santiago e botando man de todo tipo de residuos recolleitos nas praias durante estes últimos meses. Tamén fixo un chamamento aos Concellos da nosa contorna para que aposten por expoñer as obras de arte que constitúen a exposición e, de paso, concienciar á cidadá sobre o uso responsábel de plásticos dun só uso.

Por parte do concello asistiu Mari Carmen Figueira, tenente alcalde, que comento o seguinte: “Son unhas iniciativas moi interesantes, á parte de axudar na recollida de residuos que trae o mar ás praias, fai que nos concienciemos no que realmente tiramos, parécenos moi importante a mentalización de que temos que reciclar e tratar da mellor maneira o noso planeta”.

Pechou o acto Raquel García, concelleira de Cultura, que agradeceu á asociación “o traballo excelente que levaron a cabo coa creación destas fantásticas obras”.

Máis actividades

Entre os días 27 de agosto e 14 de setembro, Amicos levará a cabo varios talleres de creación de arte reciclada, unha actividade de inclusión para persoas de todas as idades con e sen discapacidade. As datas serán dadas a coñecer nos sitios de Amicos en Instagram e máis en Instagram.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.