Amicos e a Universidade da Coruña impulsan a restauración da alga Himanthalia elongata na Illa de Arousa

27 Novembro 2026

Amicos, entidade inclusiva do Barbanza participou hoxe nunha acción de restauración ambiental na Illa de Arousa para favorecer a recuperación de Himanthalia elongata, coñecida na costa como correas, correolas ou cintas (ou tamén espagueti de mar), unha macroalga autóctona das costas galegas, comestíbel e de gran valor ambiental. A actividade foi conducida polo alumnado-traballador do programa Dual Natura II de Amicos, representantes da Universidade da Coruña, da Confraría de Pescadores da Illa, a Asociación As Saíñas e o alcalde arousán, Luís Arosa.

A sementeira tivo lugar nunha zona previamente delimitada pola Universidade da Coruña. Durante a actividade, os embrións da alga, mesturados con alxinato e quelato de ferro nunha preparación de textura xelatinosa, aplicáronse sobre as pedras cun pincel, co obxectivo de favorecer a súa fixación ao substrato e o seu posterior desenvolvemento.

Esta acción forma parte do traballo que a Asociación Amicos desenvolve en colaboración con Biocost, grupo de investigación da Universidade da Coruña, liderado por Javier Cremades. No proceso participan as e os activistas medioambientais de Amicos, que colaboran nas diferentes fases do proxecto, desde a recollida dos exemplares e a súa separación segundo o sexo ata a preparación dos embrións para a sementeira.

A intervención realizada na Illa de Arousa constitúe unha fase de proba que contará cun seguimento conxunto por parte de Amicos e da Universidade da Coruña aos 15 días, ao mes e aos dous meses, para observar a evolución dos exemplares, avaliar os resultados e introducir os axustes necesarios.

A xornada contou tamén coa presenza do alcalde da Illa de Arousa, Luís Arosa García, e do patrón maior da Confraría de Pescadores da Illa de Arousa, Juan José Rial Millán, acompañado de Julia da Costa, asistente técnica da confraría; así como de Leonor Muñiz, representante da asociación As Saíñas.

Érika García, técnica de Biocost, destacou que “intentamos dar un anaquiño de nós para que isto contribúa ao traballo dos pescadores e á vida da Illa. Dámoslle moita importancia porque para a xente do mar supón un aporte económico que nas últimas décadas foi menguando; pero este tipo de algas tamén acollen biodiversidade como pequenos crustáceos”.

Pola súa banda, o alcalde mostrou “o agradecemento do Concello por pensar na Illa de Arousa para poñer en marcha esta restauración, da que nacerán milleiros de algas que poderemos recolleitar nuns aniños. Se isto afinca, isto repercurte na vida da nosa xente do mar, tendo en conta que a nosa confraría é unha das que máis impulso lle da ás algas como produto de valor”.

A Himanthalia elongata contribúe á biodiversidade dos ecosistemas costeiros, creando hábitats e refuxios para outros organismos mariños. A súa recuperación forma parte dos esforzos por conservar e restaurar o medio mariño e favorecer a saúde das costas galegas.

Desde Amicos, esta iniciativa reflicte o compromiso da entidade coa participación activa das persoas con discapacidade intelectual en proxectos reais que contribúan á sociedade e a conservación ambiental.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...