Boiro Novo reclama a rehabilitación urxente do Centro Social de Abanqueiro ante o seu “estado de abandono”

27 Novembro 2026

A formación levará ao pleno municipal do 30 de novembro unha moción para esixir un proxecto integral que atalle as filtracións, a falta de accesibilidade e os danos na biblioteca.

A asemblea de Boiro Novo vén de denunciar publicamente o crecente deterioro que sofre o Centro Social de Abanqueiro debido á falta de mantemento, motivo polo cal presentará unha moción na sesión plenaria do vindeiro 30 de novembro reclamando unha intervención integral e urxente no inmoble.

Segundo sinala a formación política, o edificio presenta graves problemas estruturais e de conservación que comprometen tanto o benestar das persoas usuarias e traballadoras como o material almacenado nas instalacións. Entre as principais deficiencias detectadas atópanse as numerosas humidades e filtracións de auga, que están a provocar desprendementos nas paredes, a aparición de mofo e o deterioro das superficies de madeira. A situación é especialmente preocupante na biblioteca, onde as goteiras inundan o chan e poñen en risco os libros e o resto do fondo documental.

A estes danos súmase o mal estado das ventás, o que facilita a entrada de correntes de aire frío e agrava os problemas de humidade no interior. Así mesmo, a asemblea advirte dun grave problema de accesibilidade, xa que o ascensor do centro atópase avariado e fóra de servizo, impedindo que as persoas con mobilidade reducida poidan acceder á biblioteca e ás distintas salas situadas na planta superior.

Falta de resposta municipal

Desde Boiro Novo lembran que xa o pasado 19 de febreiro rexistraron un escrito formal solicitando o arranxo destas eivas. Porén, critican que o goberno local non incluíu ningunha partida económica específica para este centro nin nos orzamentos municipais, nin nos plans de obras financiados pola Deputación, nin nos diversos expedientes de modificación de crédito aprobados con cargo ao remanente ao longo do ano. A formación advirte de que cada inverno que pasa sen acometer obras incrementa a gravidade dos danos e encarece a súa futura reparación.

Proposta de actuación integral

A través da iniciativa que se debaterá no pleno do 30 de novembro, Boiro Novo insta o Concello a redactar de xeito urxente un proxecto de rehabilitación dotado co orzamento necesario. O plan proposto pola asemblea contempla a impermeabilización da fachada para frear as filtracións, a substitución das ventás deterioradas e do pavimento danado, así como a reparación das paredes interiores afectadas. A maiores, esixen unha revisión técnica para descartar ou corrixir posibles afeccións na estrutura e na instalación eléctrica, o arranxo do ascensor para garantir a accesibilidade universal e a renovación do mobiliario que resultase danado.

Outros artigos

Belén do Campo supervisa a nova miniexcavadora de Outes

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, supervisaron hoxe a nova miniexcavadora de 3,5 toneladas adquirida polo Concello de Outes co apoio económico do Goberno galego de 30.000 euros e un orzamento total de 40.000 euros, a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...