Os Heredeiros da Crus chegan este venres a Cabo de Cruz ao abeiro de Paisaxes Sonoras

Ao abeiro do ciclo Paisaxes Sonoras, impulsado pola Mancomunidade Barbanza Arousa para pór en valor o potencial dos nosos enclaves máis senselleiros (eses que deberan aparecer en toda guía turística que se prece) como escenarios culturais de primeira liña, vaise celebrar este 27 de agosto un concerto a cargo doutro gran referente histórico da nosa comarca: a banda de rock galego Heredeiros da Crus. A cita será en Cabo de Cruz (Boiro), no peirao da Curvera. Dará comezo ás 20.00 horas.

Segundo confirmou o Concello de Boiro, as entradas xa están esgotadas.

Paisaxes Sonoras

O ciclo Paisaxes Sonoras vén da man dos Concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira e da súa aposta conxunta a prol das potencialidades do noso territorio como foco de actividade cultural e turística, unha contorna na “que que a natureza sexa o escenario principal converténdose na protagonista absoluta da creación artística”.

Nesta segunda edición, Paisaxes Sonoras consolídase ofertando tres xornadas consecutivas durante os días 27, 28 e 29 de agosto apostando por unha programación con artistas galegas, e nas que a lingua a empregar é un 100% o galego.

Esta cita cultural dará comezo cos Heredeiros da Crus o venres 27 de agosto ás 20.00h na praia do Esteiro (Cabo de Cruz). Xa na xornada do sábado, o ciclo trasládase a Rianxo coas Tanxugueiras nunha sesión vermú que terá lugar no peirao de Taragoña e á tarde, ás 20.00h con Mercedes Peón na punta de Cabío (A Pobra do Caramiñal). O peche do festival, realizarase na Fábrica de Salazón (Ribeira) coa actuación de Baiuca, que actuará por vez primeira na comarca do Barbanza.

Este ano, reforzando o compromiso co territorio, a Mancomunidade Barbanza – Arousa implicouse ás catro concellerías de cultura dos concellos de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira e de entidades locais como son Teatro Airiños, o historiador Manuel Gago e as cantareiras boirense de Lumieira.