Volve Paisaxes Sonoras con formato de festival e tres días de duración

28 Xullo 2021

Volve o ciclo Paisaxes Sonoras logo dunha primeira edición de éxito, o verán pasado, cando a Mancomunidade Barbanza Arousa reivindicou as nosas paisaxes máis emblemáticas a través da música e a cultura. O programa regresa con feitura de festival de tres días de duración. Na primeira convocatoria Guadi Galego, Carlos Blanco, The Soul Brothers e Triángulo de Amor Bizarro puxeron en valor coas súas contribucións artísticas espazos tan singulares como a punta do Castro (Ribeira), o Pazo de Rianxiño, a punta de Cabío (A Pobra) e a praia da Pesqueira (Cabo de Cruz, Boiro).

Presentación de Paisaxes Sonoras 2021, coa presenza das responsábeis de Cultura dos catro concellos da Mancomunidade

Agora, os concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira queren dar ao ciclo un extra de impulso, apostando novamente polas potencialidades do territorio a visitantes e poboación comarcal mediante “un formato innovador”. Un formato, explica a mancomunidade, “no que a natureza é o escenario principal converténdose na protagonista absoluta da creación artística”.

Nesta segunda edición, Paisaxes Sonoras consolídase ofertando tres xornadas consecutivas durante

os días 27, 28 e 29 de agosto apostando por unha programación con artistas galegas, e nas que a lingua a empregar é un 100% o galego.

Esta cita cultural dará comezo cos Heredeiros da Crus o venres 27 de agosto ás 20.00h na praia do Esteiro (Cabo de Cruz). Xa na xornada do sábado, o ciclo trasládase a Rianxo coas Tanxugueiras nunha sesión vermú que terá lugar no peirao de Taragoña e á tarde, ás 20.00h con Mercedes Peón na punta de Cabío (A Pobra do Caramiñal). O peche do festival, realizarase na Fábrica de Salazón (Ribeira) coa actuación de Baiuca, que actuará por vez primeira na comarca do Barbanza.

As entradas aos concertos saen á venta este xoves, o público interesado poderá mercar un número moi limitado de abonos polo prezo de 40 € máis gastos de xestión ou entradas individuais desde 10 € máis gastos de xestión.

Este ano, reforzando o compromiso co territorio, a Mancomunidade Barbanza – Arousa implicouse ás catro concellerías de cultura dos concellos de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira e de entidades locais como son Teatro Airiños, o historiador Manuel Gago e as cantareiras boirense de Lumieira, que formarán parte dun programa específico que terá como eixo principal a paisaxe da comarca e que se comunicará nos vindeiros días.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...