A arte ecolóxica de Amicos estará no Auditorio de Rianxo até o 14 de setembro

03 Setembro 2021

A asociación comarcal Amicos, centrada en derrubar dende os nosos concellos todo tipo de obstáculos á inclusión dos colectivos con diversidades funcionais e cognitivas, organizou estes días unha exposición de arte reciclada no Auditorio de Rianxo. Inaugurouse este 27 de agosto e ficará aberta até o 14 de setembro. A mostra, amais do valor artístico das pezas elaboradas polos membros de Amicos con material de refugallo atopado principalmente nas nosas praias, atesoura (e reivindica) unha importante mensaxe ambiental: cómpre poñerse mans á obra para poñer freo ao proceso de degradación do noso medio mariño.

Un intre do acto de inauguración da mostra de Amicos no Auditorio de Rianxo

A exposición, que ten fortes vencellos temáticos coa cultura xacobea e o Camiño de Santiago, busca transformar residuos como o papel, o cartón, a madeira, o cristal, os plásticos, os metais ou o caucho en obras de arte. De feito, os materiais que se usaron forman parte das distintas batidas de limpeza de praias que levo a cabo nos últimos meses a nosa entidade na comarca do Barbanza. As principais características deste estilo é que non se cingue a ningunha disciplina, se non que se ve representado en todas elas. Podemos atopar arte reciclada nun cadro, nunha escultura etc.

Obradoiros participativos

De xeito parello á exposición de arte reciclada da Asociación Amicos a entidade organizou uns obradoiros creativos con material de refugallo, de curta duración (1 hora) dirixidos e neno/as e mozos de entre 4 a 16 anos (grupos reducidos e organizados por idades). Celebraranse o martes día 7 e o mércores día 8. Trátase dunha actividade de inclusión onde participarán tamén usuarios/as da Asociación Amicos a modo de colaboradores/as. Inscricións e mais información no correo hola@amicos.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...