Cé Orquestra Pantasma e Moc-Moc Saltimbanqui chegan ao Cantón da Leña (A Pobra)

27 Agosto 2021

Ao abeiro do programa Verán Cultural, vanse desenvolver estes días na Pobra dúas novas funcións de balde destinadas a público familiar. Por unha banda, no 31 de agosto, Cé Orquestra Pantasma aposta pola recuperación da figura do home orquestra cun espectáculo de música de rúa cheo de forza, ritmo e fantasía, onde o público pasa a converterse en protagonista.

Xa abrindo o mes de setembro será a quenda de Moc Moc-Santimbanqui con Directo ó corazón, no día 3. A improvisación e o humor son as chaves coas cales abre as portas ó seu máximo universo de xogos e moito ritmo, ademais de combinar a destreza e espontaneidade co clown e os malabares.

Ámbalas actividades transcorrerán a partir das 20.00 horas, no Cantón da Leña. As prazas cubriranse por orde de chegada ata cubrir a cabida. A dita programación está organizada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...